IniciosociedadeXoán Guerreiro pregoará o San Bartolo de Xove, do 16 ao 20...

Xoán Guerreiro pregoará o San Bartolo de Xove, do 16 ao 20 de agosto

Os festexos inclúen unha sardiñada, un concerto-tributo a Sabina ou tres noites de verbenas

Publicada o

- Advertisement -

O pintor Xoán Guerreiro será o pregoeiro das festas patronais de San Bartolo, en Xove. Os festexos celebraranse do 16 ao 20 de agosto.

O artista xovense pronunciará o pregón o xoves, desde as 21.00 horas no salón do centro cívico. O acto iniciará as celebracións, que se prolongarán durante catro días.

O programa, que podes ver completo na imaxe, inclúe un concerto-tributoSabina, verbenas con orquestras como París de Noia, Pontevedra, Televisión ou Los Satélites, unha sardiñada -o venres- ou actividades infantís, ademais da proxección dunha película de Lázaro Louzao

Programa do San Bartolo 2018. AXM

Presentaron o evento Demetrio Salgueiro, alcalde de Xove, e as edís Dolores Meitín e Cristina IglesiasCarlos Cociña, Benigno Canoura e Luis Pico, membros da comisión de festas, e David Naya, da asociación cultural Technoxove.

ÚLTIMAS

Acepta prisión por cinco anos logo de ser detido por levar cinco quilos de cocaína no seu coche en Ribadeo

Cinco anos de prisión e unha multa de 1.231.004,71 euros, é a condena que...

A Plataforma Pola Defensa do Ferrocarril Ferrol-Ribadeo denuncia que Renfe prioriza Asturias tras os seus cambios internos

A Plataforma Pola Defensa do Ferrocarril Ferrol-Ribadeo puxo de manifesto que o principal problema...

Xulgan dúas persoas por un traballador morto tras ser alcanzado por unha barra de ferro en Xove

A causa pola morte dun traballador de 45 anos nun accidente laboral ocorrido en...

Presentado en Burela o Iberdrola Surfing Day

  A Presidenta da Deputación e Alcaldesa de Burela, Carmela López, participou hoxe na presentación...