IniciosociedadeDoce postos ofrecerán "gangas" na Feira de Stocks de Viveiro

Doce postos ofrecerán “gangas” na Feira de Stocks de Viveiro

O evento celebrarase do 21 ao 23 de agosto nos xardíns Noriega Varela

Publicada o

- Advertisement -

O Centro Comercial Histórico (CCH) de Viveiro, en colaboración co Concello, impulsa do 21 ao 23 de agosto a sexta edición da Feira de Stocks. A cita celebrarase nos xardíns Noriega Varela.

Doce postos de diversos sectores –moda de adultos e nenos, regalos e complementos, roupa e material deportivos, mobles, decoración, artigos do fogar– participarán na feira, que segundo o colectivo de comerciantes ofrecerá “verdadeiras gangas” aos clientes. Así, resalta o CCH, as tendas poderán liquidar o stock e os clientes mercar artigos de primeira calidade a “prezos moi reducidos”.

O DÍA 15, ABERTO

O mércores 15 de agosto, os negocios asociados ao CCH de Viveiro abrirá as suas portas pola mañá en horario especial de festivos, de 11.00 a 14.00 horas.

ÚLTIMAS

Ribadeo acolle o 16 de outubro o primeiro encontro forestal do Noroeste

Ribadeo acollerá o 16 de outubro o I Encontro Forestal do Noroeste no que...

Reunión de confrarías do Cantábrico Noroeste en Foz

A Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo organiza esta semana unha nova...

Dúas alumnas de Foz participan no Campionato Mundial de Pizza Picante en Italia

Marta Chao e Kiara Cabado, alumnas de segundo ano do Ciclo Medio de Cociña...

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...