IniciosociedadeTécnicas de enfermería da Mariña manifestáronse en Madrid pola suba da categoría...

Técnicas de enfermería da Mariña manifestáronse en Madrid pola suba da categoría profesional

Conseguiron que o Goberno retirase o borrador de Real Decreto que pretendía reducir as súas competencias a tarefas de limpeza e xestión; reclaman que se lles recoñeza o nivel 3

Publicada o

- Advertisement -

Traballadoras da Mariña Lucense manifestáronse o pasado martes en Madrid nunha protesta que segundo o Sindicato de Técnicos de Enfermería (SAE) reuniu a máis de 6.000 profesionais de Técnicas en Coidados de Enfermería (TCE).

As obreiras saíron de madrugada nun autobús desde o Hospital Público da Mariña, para reclamar ao Goberno central que retirase o borrador do Real Decreto que establecía o título de TCE e os aspectos básicos do seu currículo, relegándoas en competencias a tarefas de limpeza e xestión.

As manifestantes reclaman que se lles recoñeza o nivel 3 -pertencente aos ciclos formativos de grao superior-, pois desde hai anos “padecen un nivel absolutamente desfasado da súa preparación e praxis real”. Finalmente e trala protesta, o Executivo central comprometeuse a retirar o borrador de Real Decreto e a retomar as negociacións cos sindicatos.

ÚLTIMAS

Denuncian ao condutor dun camión por superar as taxas de alcol permitidas

A Garda Civil denunciou ao condutor dun camión de mercacías perigosas ao superar as...

A Mariña en alerta laranxa por temporal marítimo este mércores

Galicia continuará este mércores baixo a influencia dun temporal marítimo que manterá activada a...

Nove anos de cadea por agredir e reter ilegamente á súa exparella en Xove

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a nove anos e sete meses de prisión...

Formación en Cervo sobre turismo slow para a Mariña

A antiga carboeira do Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos, en Cervo, acolleu hoxe...