IniciosociedadeProtagonismo local nos Campionatos Internacionais de Baristas de Foz

Protagonismo local nos Campionatos Internacionais de Baristas de Foz

O IES gaña o concurso de catas de café para escolas de hostalería e coa a tres ex alumnos no certame para profesionais, que levou Alejandro Otero

Publicada o

- Advertisement -

Os Campionatos Internacionais de Baristas que se celebran esta semana en Foz, que reúnen a concursantes de practicamente a totalidade do Noroeste peninsular, tiveron polo de agora protagonismo local. No certame de Baristas de Escolas de Hostalería disputado o pasado mércores, Perla Daniela Sención (IES de Foz) acadou a terceira praza, nun concurso na que Maialen Delegado (Escuela de Hostelería de Gamarra, Vitoria) obtivo o segundo posto, mentres que Xoel Carrera (CIFP Paseo das Pontes) resultou o gañador.

No tocante á principal novidade desta edición, o Campionato Internacional de Catas de Cafés Profesionais, que se celebrou na tarde deste xoves, o gañador foi Alejandro Otero, focego e ex alumno do IES; Juan Rubiños, tamén ex estudante do centro, conseguiu o segundo premio, mentres que a terceira praza foi para outro focego, Víctor Couto Barrientos.

Tamén se disputou o Concurso de Catas de Café das Escolas de Hostalería, que levou o IES de Foz. O segundo premio foi para o IES San Xillao (Lugo) e a terceira praza foi para o IES Fraga do Eume, de Pontedeume. Participaron 13 centros de hostelería de distintos lugares de Galicia, como Santiago de Compostela, ou de comunidades como Asturias (Xixón), Cantabria (Santander), País Vasco ou León.

No transcurso do certame, os participantes elaboraron os seus cafés de diferentes formas e aplicando as técnicas, habilidades e coñecementos adquiridos. As mostras foron avaliadas por unha vintena de xuíces, encargados de facer a degustación e valorar aos participantes.

Tamén este xoves, o programa incluíu a conferencia ‘Un café, un método, un cocktail‘, a cargo de Willy Gómez de Astro Café Roasters.

“VALOR ENGADIDO” PARA “A FP E PARA O MUNICIPIO”

Asistiron á entrega de premios o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, o alcalde de Foz, Fran Cajoto, ou os deputados do goberno provincial María Loureiro e Roberto García.

Balseiro felicitou á comunidade educativa do instituto “por seguir mellorando e medrando”, dado que nesta edición inclúen unha nova modalidade nos campionatos. Tamén destacou que esta cita, que atrae a moitos visitantes cada ano a Foz, “supón un valor engadido para o concello e para a Formación Profesional en Galicia, cuxa calidade representa á perfección este centro”.

O delegado territorial da Xunta tamén destacou que a cita estrea nesta ocasión un espazo renovado, despois de que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acometera unha reforma completa do salón de actos, incrementando o aforo de 120 a 154 prazas.

Outra instantánea da entrega de premios. AXM

“CARTA DE PRESENTACIÓN” PARA OS ESTUDANTES

Os certames foron retransmitidos un ano máis en directo pola Escola de Servizos Audiovisuais da Deputación.

“Este premio é toda unha carta de presentación nun sector chave no desenvolvemento do potencial turístico e os campionatos son unha boa ocasión para desfrutar en directo das habilidades dos mellores”, subliñou García. Pola súa banda, Loureiro asegurou que “a formación de persoas interesadas por especializarse en sectores punteiros sempre é motivo de cooperación. Grazas a elas temos traballadores eficientes e preparados”, remarcou.

O VENRES, O CAMPIONATO DE PROFESIONAIS

Este venres, ás 9.00 horas, a XIII edición deste concurso de baristas rematará co VIII Campionato Internacional de Baristas Profesionais e unha charla, ás 14.00 horas, co enxeñeiro agrónomo Juan Rodríguez Urquía, que falará do cultivo biotecnolóxico do café. Un día máis, haberá degustacións de repostería e café de 9.30 a 13.00 horas abertas ao público.

ÚLTIMAS

As queixas pola comida na residencia da Pontenova motivo de reunión do BNG cos usuarios

Ante as queixas xurdidas novamente na vivenda comunitaria de A Pontenova polo servizo de...

ACIAFoz sorteará unha cesta entre os clientes máis cafeteiros de 10 locais focegos

AciaFozCCA sorteará unha cesta entre os clientes máis cafeteiros de 10 locais hostaleiros. Esta...

A Garda Civil investiga a tres persoas por deliti de ameazas e inxurias

A Garda Civil investiga na localidade lucense da Pontenova os tres presuntos autores de...

Burela dá por rematadas as obras de mellora no abastecemento da rúa Lamestra

O Concello de Burela informa do remate das obras de ampliación e mellora da...