IniciosociedadeEstíbaliz Veiga presentará o desfile de Entroido de Viveiro, que contará cun...

Estíbaliz Veiga presentará o desfile de Entroido de Viveiro, que contará cun xurado profesional

Xente con oficios vinculados á interpretación ou a moda decidirá os gañadores; os nenos poderán participar da comitiva do Carnaval no Viver Tren

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro presentou este mércores a programación do Entroido 2020, con actividades desde o día 20 ata o 29 deste mes de febreiro. Entre as novidades desta edición, o goberno local resalta que os pequenos que non participen en comparsas poderán desfrutar do desfile no Viver Tren, que o certame de disfraces contará coa presenza dun xurado profesional -formado por especialistas do mundo da interpretación, do baile e da moda e escaparatismo- e que será presentado por unha actriz da Mariña Lucense, Estíbaliz Veiga.

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e a concelleira de cultura, Lara Fernández, presentaron en rolda de prensa a programación. Fernández precisou que a artista Sol Álvarez foi a encargada de realizar o cartel, que representa a Ponte da Misericordia, unha muller que sae do mar e algúns dos rasgos característicos do Entroido, como a gastronomía ou os disfraces.

XOVES DE COMADRES E ALPUXARRADAS

O programa comezará co Xoves de Comadres, coa colaboración do Centro Comercial Histórico de Viveiro (CCHV). Diversos locais ofrecerán ceas, haberá un tapeo especial, Cantos de Taberna e a actuación á medianoite polos establecementos d Drag Queen. Haberá tres premios para os mellores grupos. O desfile dos colexios seguirá o venres 21, día no que se celebrará un obradoiro de Antroido e un concerto da orquesta de corda do Conservatorio.

O sábado 22 será o Certame de Alpuxarradas, presentado por Pedro Brandariz. O Concello anima a participar nun concurso que retrata a sociedade actual con retranca e que supón “un dos rasgos distintivos do Carnaval de Viveiro”, sinala o executivo municipal. A entrada será a dous euros, que financiará o agasallo para os participantes. O luns 23 será a quenda do Entroido miúdo, co espectáculo Cantabaila -tamén haberá música cunha charanga para amenizar os viños-.

ANTES DO DESFILE, SESIÓN VERMÚ

O martes 25 chegarán os Cantos da Taberna polas distintas zonas e o gran desfile, que sairá ás 17.00 horas do aparcadoiro da variante para rematar na Praza Maior. Antes, ás 13.30 horas, repetirá a exitosa sesión vermú, novidade do ano pasado.

O Concello repartirá no desfile máis de 5.500 euros en premios nas diferentes categorías e o prazo para apuntarse remata o 20 de febreiro. Establécese ademais unha axuda especial por importe máximo de 200 euros, que se concederá a cada unha das carrozas participantes no desfile. Para poder obtar a dita axuda teñen que estar inscritas no prazo establecido. Aquelas que se inscriban a última hora non optarán á subvención. Segundo explica Loureiro, é a maneira “de premiar a aqueles que apostan sempre por Viveiro e tamén o xeito de facilitar a previsión de gasto”.

Segundo expuxo Fernández, a intención coa elección dun xurado profesional é que os veredictos sexan “o máis xustos posibles. Valorarán costura, maquillaxe, posta en escena, bailes, as temáticas e o humor co que se plantexen”, enumera a edil.

O ENTERRO DA SARDIÑA, RASGO DISTINTIVO

A programación continúa o mércores 26 co Enterro da Sardiña. “É o noso día máis especial e por iso facemos un Enterro infantil, para que os pequenos coñezan a semente, o que se celebra”, precisa Fernández. Pola mañá será a recepción de autoridades, e pola tarde descubrirase unha praca conmemorativa sorpresa. Ás 18.30 horas será a quenda das crianzas e aos 21.00 horas, dos maiores.

Fernández quixo lembrarse “de todas as persoas e asociacións que son fixas, como o grupo Esmorga e Amigos do Casco Histórico, ademais da colaboración do CCHV para dinamizar o xoves. Hai moita xente que inviste diñeiro e tempo nos seus disfraces e queremos valorar iso porque sen eles non sería posible”, remarcou, para engadir “que ogallá que non se perda o humor no Carnaval de Viveiro, porque nos define”.

O programa do “Antroido” viveirense rematará o sábado 29 de febreiro co Entroido de Galdo, poñendo desta maneira fin a dez días de festa e diversión.

“Xa temos gañas de Entroido, de disfraces e de pásalo ben, cunha gastronomía que sempre axuda; a programación municipal está planificada para que todos os veciños e veciñas, independentemene da súa idade, poidan disfrutar das actividades”, afirma a alcaldesa de Viveiro.

ÚLTIMAS

Fran Cajoto: “O PXOM aprobouse despois de esperar seis anos polos permisos de Augas de Galicia”

-Por que se tardou tanto en aprobar o PXOM de Foz? Houbo un cambio de...

Adolfo Corral: ‘O SERGAS di que a asistencia sanitaria na Mariña está garantida, nós dicimos que non é certo’

-Ademais do persoal que traballa no centro hospitalario de Burela, ás concentracións acoden tamén...

Foz celebra a Festa do Berberecho o sábado 26 de abril

O próximo sábado, día 26 de abril chega de novo a Festa do Berberecho...

Xebra! celebrará a presentación do libro ‘Diário comboio’ de Raquel Miragaia

O centro social Xebra! acolle este venres 25 de abril a presentación de 'Diário...