IniciosociedadeViveiro integra a asociación galega de Centros Comerciais Abertos, que aspira a...

Viveiro integra a asociación galega de Centros Comerciais Abertos, que aspira a frear “a escalada de peches”

A agrupación constituíuse ante a "crítica situación" dos pequenos negocios en Galicia

Publicada o

- Advertisement -

O Centro Comercial Histórico de Viveiro (CCHV) respalda a nova Asociación Galega de Xerentes de Centros Comerciais Abertos. O colectivo nace co obxectivo de dinamizar as áreas comerciais urbanas e rurais para frear a escalada de peches de pequenos establecementos.

Xerentes de centros comerciais abertos e mercados de abastos de toda Galicia puxeron en marcha un novo colectivo, a Asociación Galega de Xerentes de Centros Comerciais Abertos e de Zonas Comerciais Urbanas, na que están integrados o 90% dos 52 CCAs existentes na comunidade.

A “crítica situación” pola que está pasando o comercio de proximidade é o que levou ós xerentes a crear unha nova asociación que lles permita traballar conxuntamente como elementos vertebradores do tecido comercial e implementadores das políticas comerciais da Xunta de Galicia, poñendo en común as súas experiencias nas diferentes localidades. Ademais plantexarán novas liñas de traballo ás administracións para actualizar e dinamizar as liñas de axuda vixentes adaptándoas á realidade actual.

A Directiva estará presidida polo xerente do Centro Comercial Aberto Estrela de Marín, na vicepresidencia estará o xerente de Centro Príncipe de Vigo; como secretario o xerente de Compostela Monumental; como tesoureiro o xerente de Cambados Zona Centro, e como vocal estará a xerente de Zona Monumental de Pontevedra. Isabel Méndez, xerente do Centro Comercial Histórico de Viveiro, tamén formará parte como membro asociado.

Á reunión constitutiva que tivo lugar en Santiago de Compostela fai uns días, na que estivo presente a xerente do Centro Comercial Histórico de Viveiro, acudiu de xeito informal o secretario xeral de Economía, Emprego e Industria, Borja Verea, con quen queren establecer un novo marco de traballo que permita a dinamización real dun sector para o que cada vez se abren máis frontes.

DIAGNOSE DA SITUACIÓN

Crear estratexias de promoción do comercio que vinculen este sector tanto cos mercados de abastos como co turismo é unha delas. Os asociados cren que se poden xerar sinerxías favorables para todo o tecido empresarial dunha vila traballando de forma conxunta.

Pero o primeiro que necesitan é coñecer a situación real do comercio nas zonas urbanas e rurais. Considera o colectivo que debe “abordar un estudio de diagnose que analice a crecente escalada do pequeno comercio e as causas co provocan para poder atallar un problema que non é exclusivo dos comerciantes, senón que afecta ó propio dinamismo das vilas”.

ÚLTIMAS

Cervo celebra o Día Mundial do Medio Ambiente coa comunidade educativa

O Concello de Cervo conmemorou este venres o Día Mundial do Medio Ambiente cun...

Ton Blanco: “En Galicia non houbo guerra, houbo unha represión e unha depuración moi duras”

-Coñécese ou tense información sobre o perfil das persoas que foron fusiladas e que...

Continúan os labores de extinción nun edificio de Ribadeo

Os equipos de Emerxencias continúan traballando na extinción dun incendio declarado hai máis de...

Burela leva a Feira do Bonito a Festur 2026

O Concello de Burela participa un ano máis en Festur, a Feira de Festas de Interese Turístico que se celebra no recinto feiral de...