IniciosociedadeTrece escolas de hostalería e 14 profesionais competirán nos campionatos de baristas...

Trece escolas de hostalería e 14 profesionais competirán nos campionatos de baristas de Foz

Os certames, nos que participarán centros de ensino de Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco e Castela e León, poderanse seguir en directo por streaming grazas á Deputación de Lugo

Publicada o

- Advertisement -

Un total de trece escolas de Hostalería e 14 profesionais competirán nos campionatos internacionais de baristas que impulsa o IES de Foz, que se celebrarán do 12 ao 14 de febreiro e que se poderán seguir en directo por streaming grazas á colaboración do Centro de Formación Audiovisual da Deputación de Lugo.

Así o anunciou a voceira provincial socialista e deputada de Turismo, Pilar García Porto, xunto ao deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, que, acompañados do alcalde de Foz, Fran Cajoto, e do director do IES de Foz, Nicolás Asensio, presentaron este martes o XIII Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalería; o VIII Campionato Internacional de Catas de Cafés de Escolas de Hostalería; o VIII Campionato Internacional de Baristas Profesionais e o primeiro Campionato Internacional de Catas de Cafés de Profesionais.

No acto, as alumnas Perla Daniela Sención, que representará á Escola de Hostalaría focense no Campionato de Baristas, e Iria Pardo, no de Catas, prepararon unha degustación de cafés para os asistentes, e demostraron o gran nivel formativo deste centro focense.

O alumnado de segundo de Realización, baixo a supervisión de docentes e técnicos, será o encargado da emisión por streaming dos campionatos, nos que participarán escolas de hostalería de Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco e Castela e León, e profesionais do sector que, por primeira vez, competirán na cata de cafés. As competicións poderán seguirse en directo a través de Youtube.

PROMOCIÓN DA MARIÑA E FORMACIÓN PARA O ALUMNADO

A voceira do goberno provincial subliñou que a colaboración da Deputación co centro focego “está a ser moi frutífera porque serve de práctica ao noso alumnado, contribúe a difundir o gran traballo que está a facer o IES de Foz coa organización dos campionatos e dá promoción ao concello de Foz, á Mariña, e a nosa provincia en xeral”. García Porto tamén destacou  a achega económica por parte da área de Turismo a un evento que contribúe á profesionalización dun sector, o da hostalería, que é fundamental para a economía da comarca”.

García Porto desexou moita sorte aos alumnos e alumnas que presentarán aos tres centros da provincia que participan na competición: o IES de Foz, o IES Sanxillao e a Escola de Hostalería Fundación Belarmino Fernández Iglesias.

PROGRAMA

O evento arrancará o mércores, 12 de febreiro, ás 17.30 horas cos Campionatos de Baristas e de Catas de Café das Escolas de Hostalería. O xoves continuará a competición de baristas ás 10.00 e pola tarde, ás 17.30, celebrarase por primeira vez o Campionato Internacional de Catas de Cafés Profesionais. Xa por último, o día 14, ás 9.00 horas empezará o VIII Campionato Internacional de Baristas Profesionais.

O encontro tamén inclúe dúas charlas. A primeira, o xoves ás 13:00 horas, leva por título ‘Un café, un método, un cocktail‘, a cargo de Willy Gómez de Astro Café Roasters, e a segunda, o venres, ás 14.00 horas, o enxeñeiro agrónomo Juan Rodríguez Urquía falará do ‘Cultivo biotecnolóxico do café‘. As dúas últimas xornadas haberá degustacións de repostería e café de 9.30 a 13.00 horas que estarán abertas ao público.

ÚLTIMAS

As queixas pola comida na residencia da Pontenova motivo de reunión do BNG cos usuarios

Ante as queixas xurdidas novamente na vivenda comunitaria de A Pontenova polo servizo de...

ACIAFoz sorteará unha cesta entre os clientes máis cafeteiros de 10 locais focegos

AciaFozCCA sorteará unha cesta entre os clientes máis cafeteiros de 10 locais hostaleiros. Esta...

A Garda Civil investiga a tres persoas por deliti de ameazas e inxurias

A Garda Civil investiga na localidade lucense da Pontenova os tres presuntos autores de...

Burela dá por rematadas as obras de mellora no abastecemento da rúa Lamestra

O Concello de Burela informa do remate das obras de ampliación e mellora da...