IniciosociedadeOs campionatos de baristas de Foz incorporan un certame de catas de...

Os campionatos de baristas de Foz incorporan un certame de catas de café para profesionais

Os torneos celebraranse no IES do 12 ao 14 de febreiro, cun programa que inclúe charlas sobre as preparacións ou o cultivo da planta

Publicada o

- Advertisement -

O primeiro Torneo Internacional de cata de cafés de profesionais, que se sumará á oitava edición do concurso para estudantes e do Campionato Internacional de Baristas profesionais e á décimo terceira edición deste certame para escolas de  hostalería, que se celebrará en Foz durante os días 12 e 14 de febreiro.

O organizador do evento, José Ríos, o concelleiro de educación de Foz, Héctor Moris, o director o IES focego, Nicolás Asensio, e o delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro, participaron este venres na presentación do programa.

Ademais dos concursos, o xoves haberá unha charla sobre ‘O café, un método, un cocktail‘, a cargo de Willy Gómez de Astro, de Café Roasters.

Programa. AXM

O venres, será o inxeñeiro agrónomo Juan Rodríguez Urquía quen fale sobre o cultivo biotecnolóxico da planta. Ademais, os xoves e venres, en horario matinal, haberá degustación gratuíta de café.

RENOVACIÓN DO SALÓN DE ACTOS

Ademais da introdución da nova modalidade de concurso de catas para profesionais, a outra gran novidade do programa, segundo remarcou a Xunta, é a recuperación do salón de actos como escenario principal dos campionatos. O Goberno autonómico acometeu a reforma integral deste espazo, incrementando o aforo de 120 a 154 prazas, e mellorando a acústica, illamento, chan e pintura, butacas, escenario e equipos de iluminación, audio e vídeo, entre outros elementos. Tamén se realizaron traballos para suprimir barreiras arquitectónicas, integrar os aseos, pechar ocos nas fachadas, e outros de fontanería, saneamento e calefacción. O investimento alcanzou os 153.000 euros.

ÚLTIMAS

As queixas pola comida na residencia da Pontenova motivo de reunión do BNG cos usuarios

Ante as queixas xurdidas novamente na vivenda comunitaria de A Pontenova polo servizo de...

ACIAFoz sorteará unha cesta entre os clientes máis cafeteiros de 10 locais focegos

AciaFozCCA sorteará unha cesta entre os clientes máis cafeteiros de 10 locais hostaleiros. Esta...

A Garda Civil investiga a tres persoas por deliti de ameazas e inxurias

A Garda Civil investiga na localidade lucense da Pontenova os tres presuntos autores de...

Burela dá por rematadas as obras de mellora no abastecemento da rúa Lamestra

O Concello de Burela informa do remate das obras de ampliación e mellora da...