IniciosociedadeFoz propón pedir á Xunta o remate das beirrarúas e a protección...

Foz propón pedir á Xunta o remate das beirrarúas e a protección dos pozos fluviais na LU-162

O rexedor resalta que o estado da principal vía de comunicación de Cordido e Cangas coa capital municipal supón varios riscos para a seguridade

Publicada o

- Advertisement -

O grupo municipal socialista de Foz, que lidera Fran Cajoto, propón ao pleno da corporación instar á Xunta de Galicia para que remate as beirarrúas na LU-162 ao seu paso pola parroquia de Cangas e a protección de pozos de pluviais con tapas nesta mesma estrada. Esta iniciativa tratarase na sesión ordinaria que esta convocada para mañá, xoves, ás 20.30 horas.

Na proposta da alcaldía proponse “instar á Xunta de Galicia, e concretamente á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a que licite á maior brevidade a obra de construción da terceira fase de beirarrúas na travesía de Vilamor, en Cangas de Foz (estrada LU-162, Ferreira do Valadouro – Cangas), e se completen as mesmas na travesía da estrada da súa titularidade.

TERCEIRA FASE SEN REMATAR

Tamén solicitar á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade que corrixa e faga un mantemento axeitado do pavimento das beirarrúas existentes nesta estrada. E reclamar ao mesmo departamento da Xunta de Galicia que dispoña os medios de protección axeitados para que se evite o risco de caída nos pozos existentes na estrada LU-162”.

Cajoto explica que “a estrada LU-162, titularidade da Xunta de Galicia, é unha das máis importantes do concello de Foz e dos municipios da contorna, xa que ademais de servir como principal vía de comunicación das parroquias de Cordido e Cangas coa capital municipal, é a vía máis directa de unión de Alfoz e O Valadouro con Burela e coa Mariña Occidental. Así, esta vía soporta un elevado tráfico de vehículos, o que constitúe un perigo para os veciños que viven na travesía de Cangas, no barrio de Vilamor”, expón o rexedor.

“Actualmente parte da travesía conta con beirarrúas, que se fixeron en dúas fases distintas, a última correspondente ao ano 2015. Sen embargo, a actuación non se completou, polo que as vivendas máis próximas a Ferreira teñen un risco engadido e os peóns non se poden desprazar coa debida seguridade. Así mesmo o estado de conservación non é o axeitado, encontrándose losetas levantadas, con risco de tropezóns e caídas que xa aconteceron. Outro problema de seguridade maniféstase na rede pluvial existente na estrada, que conta con pozos de grandes dimensións abertos, sen ningunha protección, o que constitúe un gran risco de caída para á veciñanza que vive nesta travesía, un temor que nos foi trasladado”, indica Cajoto.

DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA

No pleno ordinario de mañá tamén se tratará unha moción do alcalde focense en defensa da sanidade pública en Foz e na Mariña, en concordancia coas reivindicacións da Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública da Mariña. Nesta iniciativa o rexedor propón “demandar ao Goberno galego a adecuación dos orzamentos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde (Sergas) ás necesidades reais dos centros de saúde e dotalos do persoal necesario para garantir unha atención accesible e de calidade”.

PLENO EXTRAORDINARIO POLO CONFLITO DAS RESIDENCIAS

O vindeiro xoves celebrarase tamén un pleno extraordinario a petición do PP para abordar o conflito entre o centro de día público de Foz e o privado Aloumiños, que provocou a demisión da edil socialista Verónica Peña, dado que a empresa denunciou “competencia desleal” por parte da adxudicataria do servizo municipal.

O PP focego quere aclarar se é certo que o centro de día publico está a incumprir o contrato de adxudicación, como denunciaba Aloumiños. Tamén se abordará a demisión da edil.

ÚLTIMAS

Achan en Ribadeo o primeiro exemplar dun verme invasor depredador do mexillón en Galicia

O biólogo Daniel Prieto, da confraría de pescadores de Ribadeo, localizou durante unha mostraxe un...

Investigan o furto de produtos alimentarios en dous establecementos de Viveiro

A Garda Civil de Lugo investiga en Burela a dous homes como presuntos autores...

Francisco Rois: “Miguel Ángel Revilla será o pregoeiro da 45ª Festa da Troita da Pontenova”

-Despois de corenta e cinco anos desta Festa da Troita, cales foron os cambios...

A biblioteca de Barreiros contará cun club de lectura e biblioencontros infantís

Barreiros dinamizará a biblioteca municipal organizando encontros mensuais cos que pretende fomentar a lectura...