IniciosociedadeVándalos rompen o mobiliario urbán do parque do Cantiño

Vándalos rompen o mobiliario urbán do parque do Cantiño

O Concello lembra que este tipo de actos van ao peto de "toda a veciñanza de Burela"

Publicada o

- Advertisement -

O goberno local de Burela denuncia actos vandálicos no parque do Cantiño, que remataron co mobiliario urbán desfeito. Os vándalos crebaron o valado de madeira que demilita o espazo de ocio.

O concelleiro de obras e turismo, Ramiro Fernández Rey, califica ás persoas que provocaron os danos de “descerebrados” e afirma que non entende “como poden ter lugar estes feitos contra o mobiliario urbán, que utilizamos todos”.

CUSTE ECONÓMICO

O edil burelés lembra que estes sucesos “supoñen un custe económico e agora teremos que facer un investimento para reparar os danos con cartos da veciñanza de Burela que se podían utilizar noutro sitio. Non sei se os que fan estas cousas son conscientes de que isó supón malgastar o diñeiro dos cidadáns do municipio”.

O concelleiro agarda que este tipo de actos “non se repitan” e resalta que “intentaremos reparar os desperfectos coa máxima urxencia e coa dispoñibilidade económica que teñamos”.

ÚLTIMAS

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...

Cervo apoia ao CEIP Península da Paz nun novo plan de acción de Alcoa

O Concello de Cervo colaborou co CEIP Península da Paz e co persoal voluntario...

O Concello de Foz agrade a Transportes a licitación para a mellora na intersección da Corredoira

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, felicitouse este luns co anuncio da Demarcación de...

Alfoz celebra o XXXII Festival da Terceira Idade o 25 de outubro

O Concello de Alfoz celebrará o vindeiro domingo 25 de outubro o XXXII Festival...