IniciosociedadeO proxecto Referentes Galegas, que visibiliza mulleres destacadas no eido laboral, presentarase...

O proxecto Referentes Galegas, que visibiliza mulleres destacadas no eido laboral, presentarase en Viveiro

A asociación Executivas de Galicia reunirá nun coloquio o día 30 a unha catedrática, á responsable dunha sucursal bancaria ou á directora da Axencia Galega de Innovación

Publicada o

- Advertisement -

O consistorio de Viveiro acollerá o vindeiro xoves a presentación de Referentes Galegas, unha iniciativa da asociación Executivas de Galicia para darlle visibilidade ao traballo das mulleres que son referentes no seu ámbito profesional.

O acto será na sala multiusos da casa do concello ás 18.00 horas e reunirá a diferentes autoridades e público xeral, que poderán escoitar a experiencia de mulleres referentes de distintos sectores.

Actualmente, son xa máis de 250 mulleres as que forman parte desta gran base de datos. “Unha iniciativa moi necesaria para dar novos pasos cara unha igualdade real na nosa sociedade”, asegura a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

A mesa de presentación de Executivas de Galicia contará coa participación de Carla Reyes Uschinsky, presidenta da agrupación, e Verónica Teijeiro, consultora financeira e socia do colectivo.

A continuación, presentarase a mesa ‘Referentes Galegas’ na que participarán Lida Enrich, coordinadora do proxecto; Ángeles Romero Rodríguez, catedrática da Universidade de Santiago de Compostela (USC), da área de Tecnoloxía dos Alimentos; Patricia Argerey Vilar, directora da Axencia Galega de Innovación, e Raquel Atadell, directora da sucursal Caixabank de Viveiro.

A rexedora abrirá o acto, dando paso á subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez López. Tamén intervirá a secretaria xeral de Igualdade da Xunta, Susana López Abella.

ÚLTIMAS

Rueda acusa a Pontón de criminalizar a Alfonso Villares: “Mandou a tomar vento a súa presunción de inocencia”

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reprochou á portavoz nacional do BNG, Ana Pontón,...

ACISA Ribadeo galardoada co premio Nacional de Comercio Interior polo Ministerio de Economía

Acisa Ribadeo foi galardoada co Premio Nacional de Comercio Interior na categoría de Centros...

Un incendio no Vicedo deixa inhabilitado o Punto de Atención á Infancia

O Punto de Atención á Infancia do municipio do Vicedo sufriu un incendio na...

Viveiro inviste case 500.000 euros nun proxecto para obradoiros de emprego

O Concello de Viveiro vén de obter unha subvención de 454.552 euros para a...