IniciosociedadeO Vencello critica os "atrasos" na administración pola repetición electoral e "a...

O Vencello critica os “atrasos” na administración pola repetición electoral e “a falta de persoal”

A asociación veciñal de Burela pedirá audiencia ao Concello tras recibir "numerosas queixas" polo "funcionamento ao ralentí" de áreas como Urbanismo ou Secretaría

Publicada o

- Advertisement -

A directiva da Asociación de Veciños de Burela O Vencello sinala que recibiu “numerosas queixas da veciñanza” no referente a atrasos nos trámites administrativos por parte da administración local.

A agrupación veciñal lemanta que “catro comicios electorais (eleccións xerais de abril, municipais de maio e novamente xerais en novembro, máis a repetición das votacións municipais nunha mesa electoral en novembro pasado) fixeron que o Concello permanecera “paralizado en detrimento dos veciños”. Burela non tivo goberno ata o pasado martes, cando o PSdeG-PSOE conseguiu sacar adiante a estrutura do seu executivo en minoría tras aceptar a proposta de retribucións por dedicacións parciais presentada polo BNG.

A esta circunstancia hai que engadir tamén “a falta de persoal municipal debido a
baixas, traslados e ausencias por permisos vacacionais que ven sufrindo o Concello nos
últimos meses”, expón a asociación. “Esta precariedade de persoal está a provocar que áreas tan importantes para o desenvolvemento diario dun concello, como poden ser Urbanismo ou Secretaría, estean funcionando ao ralentí e acumulen atrasos considerables na tramitación de xestións chaves para o desenvolvemento da vida diaria do maior núcleo de poboación da comarca da Mariña”.

O Vencello confía en que os novos responsables municipais poñan freo a esta paralización que está a sufrir a actividade municipal de Burela nos últimos nove meses.

O COLECTIVO OFRECE “COLABORACIÓN” AO EXECUTIVO

Segundo explica o colectivo veciñal, os representantes do Vencello solicitarán unha reunión co executivo municipal para presentarse formalmente e amosar a súa inquedanza
sobre este e outros temas que preocupan na localidade. “Cremos que é primordial atallar
este problema canto antes porque unha localidade como Burela, que sempre se
caracterizou polo dinamismo, a iniciativa, a puxanza e o emprendemento, non se pode
permitir o luxo de permanecer paralizada preto dun ano”, insisten, para ofrecer “a nosa colaboración ao Concello” para reverter a situación.

ÚLTIMAS

Expomar converte Burela en referente do mundo da pesca

A Fundación Expomar organizou esta semana en Burela as súas 33ª Xornadas Técnicas e...

Os retos da pesca analizados en Burela nas XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar

O XXVII Encontro Empresarial e as XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar celébranse este mércores...

A conselleira de Mar defende en Burela a sustentabilidade do sector pesqueiro galego

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, defendeu este xoves en Burela a sustentabilidade do...

Trabada busca financiamento para reparar a zona dos vestiarios do pavillón afectada polo incendio

O Concello de Trabada continúa traballando na recuperación da zona dos vestiarios do pavillón...