IniciosociedadeO Concello denuncia o uso como autoescola do local da Cruz Vermella...

O Concello denuncia o uso como autoescola do local da Cruz Vermella en Viveiro

Loureiro lembra que o inmoble foi construído "coas doazóns da veciñanza", para que institución se adicase "a paliar os efectos da crise entre as persoas máis desfavorecidas"

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro remitiu este mércores á Cruz Vermella de Lugo unha carta para pedir explicacións polo uso que ten a día de hoxe o local ubicado na avenida Martín Ledesma, dado que “está sendo utilizado para o desenvolvemento da actividade dunha autoescola“.

Segundo expón o goberno local viveirense nun comunicado, en febreiro de 2013, o Concello recibiu un escrito da Cruz Vermella de Lugo solicitando a denuncia do convenio que tiñan suscrito coa corporación municipal e coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Viveiro para a realización de obradoiros de estimulación cognitiva na súa sede.

“No escrito, explicábase que esa denuncia estaba motivada, entre outras cuestións, na necesidade de destinar o local a realizar accións dirixidas a paliar os efectos da crise económica entre a poboación máis vulnerable e que non se podían levar a cabo debido á ocupación do local, unha postura coa que estabamos dacordo”, lembra a alcaldesa, María Loureiro.

As accións eran as seguintes: actividades de reforzo escolar e traballo social coas familias; búsqueda de emprego para as persoas máis afectadas pola crise; talleres de búsqueda de emprego e prelaborais; aula de castelán, alfabetización e preparación da ESO; entrega de kits sociais (alimentación familiar, alimentación para bebés e hixiene) e servizos de proximidade para persoas maiores.

A raíz da renuncia ao convenio referido polas razóns expostas, o Concello explica que reubicou os obradoiros de estimulación cognitiva para enfermos de Alzhéimer noutras instalacións municipais, mantendo a colaboración coa asociación.

O GOBERNO LOCAL RECLAMA O INMOBLE

Na actualidade, o local da Cruz Vermella está sendo utilizado para o desenvolvemento da actividade dunha autoescola, polo que este Concello entende que non se lle está dando o uso referido no escrito anterior nin ningún outro vinculado o seu uso propio.

Tendo en conta todo canto antecede e que para a construción do inmoble se realizaron donativos da veciñanza de Viveiro, é polo que o concello solicita á Cruz Vermella Lugo as explicacións oportunas sobre o uso actual do inmoble e, tendo en conta que non se está a utilizar para o seu fin propio, a realización dos trámites necesarios para a súa cesión ao Concello.

ÚLTIMAS

Fran Cajoto: “O PXOM aprobouse despois de esperar seis anos polos permisos de Augas de Galicia”

-Por que se tardou tanto en aprobar o PXOM de Foz? Houbo un cambio de...

Adolfo Corral: ‘O SERGAS di que a asistencia sanitaria na Mariña está garantida, nós dicimos que non é certo’

-Ademais do persoal que traballa no centro hospitalario de Burela, ás concentracións acoden tamén...

Foz celebra a Festa do Berberecho o sábado 26 de abril

O próximo sábado, día 26 de abril chega de novo a Festa do Berberecho...

Xebra! celebrará a presentación do libro ‘Diário comboio’ de Raquel Miragaia

O centro social Xebra! acolle este venres 25 de abril a presentación de 'Diário...