IniciosociedadeO PP suxire que a Deputación financie un técnico para coordinar as...

O PP suxire que a Deputación financie un técnico para coordinar as exposicións do Cenima

Os conservadores din facerse eco dunha demanda "de artesáns e artistas" e afirman que as mostras da primeira planta "requiren de máis medios humanos" para "dar un bo servizo"

Publicada o

- Advertisement -

O Partido Popular (PP) de Foz presentará unha moción para que a Deputación Provincial de Lugo financie a contratación dun coordinador das artes “que xestione de forma eficiente” as salas de exposicións na primeira planta do Centro de Interpretación da Mariña (Cenima), dado que, argumentan os populares, “a día de hoxe a falta de medios humanos na area de cultura e a especialización do traballo fan imposible que o Concello poda dar un bo servizo”.

O voceiro do PP focego, Javier Castiñeira, asegura que a reclamación dos conservadores é “unha petición feita innumerables veces polos grupos de artistas e artesáns que usan estas salas para expoñer as súas obras e que ven como o Concello de Foz non é capaz de atender cun mínimo de planificación e seguridade o apoio ás exposicións que alí se desenvolven, entre elas a semana das artes plásticas da Mariña na que tamén participan escolares de toda a comarca”.

O concelleiro da formación conservadora expón que “igual que se fixo no anterior goberno municipal cos dous centros de interpretación que se montaron, un en San Martiño de Mondoñedo con servizo permanente de guía e outro precisamente na planta baixa do Cenima de turismo virtual no que a mancomunidade ubicou a técnico de turismo, entendemos que é necesario dotar previamente de medios humanos fixos e preparados a xestión desas salas para garantir un bo servizo ao público e unha mellor organización”.

SERVIZO INTEGRADO NA REDE MUSEÍSTICA

“Cremos que dito servizo podería estar perfectamente sincronizado coa rede museística da Deputación de Lugo, que é un organismo con suficiente experiencia e bagaxe, polo que solicitamos que a Deputación de Lugo financie a contratación dun coordinador das artes da Mariña para xestionar as salas de exposición existentes na primeira planta do Cenima”, conclúe Castiñeira.

ÚLTIMAS

Restablecida a circulación da FEVE Ribadeo-Ferrol tras caer unha árbore na liña

O Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif) informou de que a circulación da liña de...

Recorren o arquivo do caso da Maruxaina

A asociación Mulleres en Igualdade, Bumei, recorreu a decisión do Tribunal de Instancia de...

A Asociación de Comerciantes da Pontenova intégrase na FCAM

A Asociación de Comerciantes da Pontenova acaba de integrarse na FCAM. Desde a Federación...