IniciosociedadeFeijóo asegura que "non hai previsión" de pechar ningún outro paritorio en...

Feijóo asegura que “non hai previsión” de pechar ningún outro paritorio en Galicia

O presidente da Xunta nega que se estude a supresión do servizo na Mariña ou noutras comarcas galegas

Publicada o

- Advertisement -

EFE. O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, asegurou este xoves que “non hai ningunha previsión” de peche de ningún outro paritorio, e remarca que ao contrario “trabállase” na reapertura do servizo no hospital comarcal de Verín, iso si, “en canto haxa pediatras”.

Na roda de prensa posterior á reunión semanal do Goberno galego, Núñez Feijóo recordou que o obxectivo da nova xerente do Hospital de Verín, Guillermina Agulla, é contratar pediatras para poder prestar o servizo de parto no hospital.

Respecto diso sinalou que “hai avanzados contactos con algún pediatra” para que se incorpore ao persoal do hospital de Verín, polo que confía que nos “próximos días” se poidan dar “boas novas” sobre a reapertura do paritorio.

PSOE E PLATAFORMA ADVERTIRAN SOBRE BURELA

O PSdeG-PSOE esixiu o pasado 12 de xaneiro garantías da continuidade dos paritorios de Burela e Monforte, presentando unha batería de iniciativas parlamentarias contra “a política de peche de servizos” da Xunta.

No pasado mes de novembro, cando o Servizo Galego de Saúde (Sergas) acometeu o peche do paritorio verinés, a Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña advertiu dun “experimento” que se podería “trasladar en breve” á outras comarcas galegas. O Sergas negou este punto e precisou que o hospital mariñao atendeu “350 nacementos no 2019, cifras moi superiores ás de Verín, con arredor de 60 anuais”.

ÚLTIMAS

Cervo celebra o Día Mundial do Medio Ambiente coa comunidade educativa

O Concello de Cervo conmemorou este venres o Día Mundial do Medio Ambiente cun...

Ton Blanco: “En Galicia non houbo guerra, houbo unha represión e unha depuración moi duras”

-Coñécese ou tense información sobre o perfil das persoas que foron fusiladas e que...

Continúan os labores de extinción nun edificio de Ribadeo

Os equipos de Emerxencias continúan traballando na extinción dun incendio declarado hai máis de...

Burela leva a Feira do Bonito a Festur 2026

O Concello de Burela participa un ano máis en Festur, a Feira de Festas de Interese Turístico que se celebra no recinto feiral de...