IniciosociedadeAbre o novo refuxio de animais de Foz, con capacidade para 40...

Abre o novo refuxio de animais de Foz, con capacidade para 40 cans e gatos

A canceira contou cun investimento de 90.000 euros por parte da Deputación e unha achega de 40.000 euros do executivo municipal

Publicada o

- Advertisement -

O presidente da Deputación Provincial de Lugo, José Tomé Roca, asistiu este xoves á inauguración do novo refuxio de animais de Foz, situado no núcleo de Mañente, na parroquia de Vilaronte. Un acto no que tamén participou o alcalde focego, Francisco Cajoto, a edil de Xuventude, Gema Méndez, o Deputado de Medio Ambiente, José Luís Raposo, a vicepresidenta da Protectora de Animais do municipio, Laura Fernández Lestegás, e diferentes membros do goberno local.

A edificación, que conta cun investimento de 90.000 euros da Deputación e outros 40.000 do goberno local, atópase nunha parcela municipal de máis de 13.000 metros cadrados, lugar no que agora mesmo tamén está o punto limpo. O refuxio sitúase na parte sur do terreo, estendéndose uns 2.500 metros cadrados, onde a propia canceira terá unha ocupación en planta de 285 metros cadrados.

Trátase dunha nave con estrutura metálica cuberta e inclinada a dúas augas, con zonas cubertas nas dúas direccións e terá capacidade para 40 animais, cumprindo así as normativas existentes sobre benestar animal. As novas instalacións dispoñen de zona de espera, oficina, aseo con ducha e zona de baño de animais, sala de curas e sala para pequenas intervencións. A nave conta cunha zona exterior para os animais, onde se atopa tamén un almacén de alimentos.

O novo refuxio virá a aliviar a situación da asociación protectora de animais, que leva anos sobrepasada pola necesidade de refuxio. No pasado mes de agosto, o colectivo daba acubillo a máis de sesenta cans e gatos.

A canceira estará xestionada polo Concello xunto coa agrupación e tamén a poderán empregar outros municipios se así o deciden.

CRÍTICAS Á XUNTA

Tomé puxo de manifesto a importancia de que a Deputación lle dea respaldo aos concellos habilitando espazos nos que os concellos poidan levar os animais abandonados e prestarlles os coidados que requiren, pois “a Xunta de Galicia transferiulle aos municipios as competencias de recollida e xestión de animais, pero sen proporcionarlles ningún recurso económico para poder asumir este servizo”, subliñou.

ÚLTIMAS

Os sanitarios do Hospital da Costa realizarán accións até seren atendidas as súas demandas

A Xunta de Persoal do Hospital da Costa convocou unha xuntanza este martes para...

Sargadelos ten de prazo ata despois do verán para mellorar a seguridade laboral

A dirección de Sargadelos ten ata despois do verán para mellorar a seguridade na...

A concelleira de Facenda de Foz denuncia a “demagoxia” do PP coas facturas

A concelleira de Facenda e voceira do goberno municipal de Foz, Inés López Couto,...

Piden catro anos de prisión por presunta estafa a un home “en situación de vulnerabilidade”

Unha muller de orixe portuguesa enfróntase a catro anos de prisión por, presuntamente, estafar...