IniciosociedadeO Goberno estudará crear unha rotonda no cruzamento da Corredoira

O Goberno estudará crear unha rotonda no cruzamento da Corredoira

O alcalde focego cre que o punto, que une a N-642 coa vía Foz-Ferreira, é "moi conflitivo" e require "dunha actuación"

Publicada o

- Advertisement -

A Demarcación de Carreteras do Estado en Galicia estudará a creación dunha rotonda no cruzamento da Corredoira, que une a Nacional-642 coa estrada FozFerreira do Valadouro. Así o anunciou o alcalde de Foz, Fran Cajoto, despois da reunión que mantivo coa Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, na que estivo tamén presente o concelleiro de Comunicación e Relacións Institucionais, Carlos García.

“Foi unha reunión na que se trataron distintos proxectos de importancia para os veciños, como a marcha das obras que se están a acometer en catro pontes sobre a N-642, para reparar os danos que teñen e evitar no futuro problemas derivados do reducido gálibo actual”, explica o rexedor.

Cajoto asegura que “entre outras cousas, a Demarcación de Carreteras do Estado en Galicia comprometeuse a avaliar a demanda de crear unha rotonda para regular o tráfico no cruzamento da Corredoira. Para elo vaise realizar o estudio de execución dunha glorieta no cruce que une a Estrada da Costa (N-642) co viario Foz-Ferreira (LU-152)”, indicou.

O goberno local sostén que fixo esta proposta “por considerar que se trata dun punto moi conflitivo, especialmente en época de verán, cando pola Estrada da Costa chegan a circular máis de 15.000 vehículos diarios. Sábeno ben todos os usuarios da estrada de Ferreira, que moitas veces buscan camiños veciñais para sortear o atasco que se forma no sinal de Stop da intersección. Unha estrada como a N-642, con este nivel de tráfico, non se pode conectar cun enlace simple como na actualidade: hai que actuar na zona”, engadiu o alcalde focego.

Reunión do executivo local coa Subdelegación do Goberno. AXM

A XUNTA “REXEITOU” A PROPOSTA

Cajoto lembra que “a mesma proposta tamén fora plantexada no seu día á Xunta de Galicia, que é a titular da LU-152, pero desbotou esa posibilidade, argumentando que non había suficiente intensidade de vehículos que xustificaran a execución da rotonda”.

ÚLTIMAS

Cervo acolle a III Carreira de Andadura o sábado 11 de xullo

O Concello de Cervo acollerá o vindeiro sábado 11 de xullo a III Carreira...

Viveiro acelera a tramitación do PXOM mentres o PSdeG reclama transparencia nos pasos a dar

O Goberno municipal de Viveiro levará a próxima semana (o mércores 15) a un...

Barreiros aclara a cronoloxía da demolición de seis vivendas en Lóngara

Aos efectos de aclarar a situación procesual e procedimental do Concello de Barreiros no...

Presentan en Viveiro a Banda de Música Xuvenil O Landro

 A Banda de Música O Landro presentou no Concello de Viveiro a súa Banda...