IniciosociedadeFoz Market ofrecerá gastronomía, concertos, zona infantil e salón do automóbil

Foz Market ofrecerá gastronomía, concertos, zona infantil e salón do automóbil

A cuarta edición da feira, que se celebrará do 15 ao 19 de agosto, inclúe unha variada oferta de ocio

Publicada o

- Advertisement -

A extensión do porto acollerá do 15 ao 19 de agosto unha nova edición de Foz Market, un evento de entrada gratuíta que incluirá festival de food trucks, salón do automóbil, actividades para nenos e actuacións musicais. Organiza a cita EsMarket, co apoio do Centro Comercial Aberto (CCA) de Foz e do Concello.

ENTRE 12 E 14 FOOD TRUCKS

Foz Market ofrecerá unha ampla oferta gastronómica, con entre 12 e 14 food trucks. “Haberá comida mexicana, peruana, asturiana, galega, xaponesa e propostas gourmet, con preparacións que só poderás probar aquí”, precisou Ángel Rojo, respresentante da empresa organizadora.

No tocante aos pequenos, Rojo indicou que “contaremos cunha cómoda zona infantil na que se desenvolverán diferentes actividades infantís e espectáculos, sempre polas tardes”. A empresa IG10 encargarase da oferta de ocio para os pequenos. O dirixente tamén salientou que “a partir das 22.00 horas haberá concertos”.

O STAND DO CONCELLO E DO CCA PROMOCIONARÁ O ENTROIDO FOCEGO

O salón do automóbil é outro dos reclamos do evento. Participarán varias marcas de vehículos. “O Grupo Breogán virá con coches eléctricos, híbridos e tamén turismos quilómetro cero”, explicou o presidente do colectivo de comerciantes focego, José Carlos Paleo. O CCA e o Concello de Foz contarán cun stand, no que se promocionará o Entroido do municipio.

Paleo, Rojo, Ibán García, de IG10 e o alcalde de Foz, o popular Javier Castiñeira, asistiron á presentación do evento.

ÚLTIMAS

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...

Cervo apoia ao CEIP Península da Paz nun novo plan de acción de Alcoa

O Concello de Cervo colaborou co CEIP Península da Paz e co persoal voluntario...

O Concello de Foz agrade a Transportes a licitación para a mellora na intersección da Corredoira

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, felicitouse este luns co anuncio da Demarcación de...

Alfoz celebra o XXXII Festival da Terceira Idade o 25 de outubro

O Concello de Alfoz celebrará o vindeiro domingo 25 de outubro o XXXII Festival...