IniciosociedadeA alerta vermella activarase o sábado e o domingo na Mariña tras...

A alerta vermella activarase o sábado e o domingo na Mariña tras empeorar o prognóstico

Fabien deixará ventos de ata 140 km/h e ondas de ata nove metros desde a tarde do día 21 ata a mañá do 22

Publicada o

- Advertisement -

A alerta vermella activarase este sábado na Mariña Lucense tras empeorar o prognóstico realizado pola Asociación Estatal de Meteoroloxía (Aemet), que situaba a advertencia de risco extremo nos litorais da Coruña e Pontevedra, reservando para a Costa de Lugo o aviso laranxa, de segundo grao de perigosidade.

A xornada do sábado comezará coa alerta laranxa activada por ventos (de ata 100 quilómetros por hora) e temporal costeiro, con aire do oeste de forza 8 ou 9 e mar combinado do oeste con ondas de ata oito metros.

O tempo empeorará pola tarde, cando a borrasca Fabien se deixará sentir con maior virulencia. A partir das 15.00 horas agárdanse ventos do suroeste de risco extremo, con refachos de ata 140 quilómetros por hora, unha situación que se espera dure ata as 4.00 da madrugada do domingo.

A alerta vermella por temporal costeiro ficará activa desde as 18.00 horas. O prognóstico é de aire do oeste ou suroeste de forza 10, con mar combinado do este con ondas de ata nove metros. A ondada seguirá ata o mediodía do domingo.

Conforme avance o día 22 recuperaranse valores máis normais, dentro dun aviso laranxa tanto por aire como por temporal costeiro. Agárdanse ao longo do día refachos de 100 km/h e ondas de ata oito metros. Podes consultar o prognóstico nesta ligazón.

RECOMENDACIÓNS

Aconséllase a suspensión das actividades pesqueiras, marisqueiras e deportivas nas zonas máis perigosas, así como extremar as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e revisar os cabos e amarres das embarcacións.

A Secretaría Xeral para o Deporte ínstase á suspensión de todas as actividades deportivas ao aire libre nas zonas afectadas. Debido ao temporal costeiro, recoméndase permanecer lonxe da liña de costa e das praias e paseos marítimos co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos. É preciso evitar aproximarse a diques, rompentes, espigóns, peiraos e todas aquelas zonas que poidan ser varridas polo mar e vixiar posibles caídas de obxectos de balcóns e fiestras.

A Xunta lembra que, co vento, o mobiliario urbano pode desprazarse e os restos de árbores e pólas que puideron caer á vía poden condicionar a circulación. Ademais, é recomendable consultar a páxina web do CIAE 112, que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

VIVEIRO PECHARÁ O BELÉN A TAMAÑO NATURAL

O Concello de Viveiro anunciou que procederá ao peche do parque Pernas Peón e do belén a tamaño natural “Viveiro ante o berce”.

ÚLTIMAS

Os sanitarios do Hospital da Costa realizarán accións até seren atendidas as súas demandas

A Xunta de Persoal do Hospital da Costa convocou unha xuntanza este martes para...

Sargadelos ten de prazo ata despois do verán para mellorar a seguridade laboral

A dirección de Sargadelos ten ata despois do verán para mellorar a seguridade na...

A concelleira de Facenda de Foz denuncia a “demagoxia” do PP coas facturas

A concelleira de Facenda e voceira do goberno municipal de Foz, Inés López Couto,...

Piden catro anos de prisión por presunta estafa a un home “en situación de vulnerabilidade”

Unha muller de orixe portuguesa enfróntase a catro anos de prisión por, presuntamente, estafar...