IniciosociedadeO Mercado Medieval de Mondoñedo xuntará 150 postos

O Mercado Medieval de Mondoñedo xuntará 150 postos

O programa da cita, do 10 ao 12 de agosto, inclúe máis de 70 actividades para todas as idades

Publicada o

- Advertisement -

A vixésimo sétima edición do Mercado Medieval de Mondoñedo, que se celebrará entre o 10 e o 12 de agosto, contará con 150 postos de artesanía ou gastronomía e ofrecerá máis de 70 actividades para grandes e pequenos.

A alcaldesa mindoniense, a popular Elena Candia, presentou o evento, que conta coa colaboración da escola de música ou de asociacións como Amigos do Mercado Medieval, Xoldra ou O Pasatempo. O pregoeiro desta edición, José Ramón Montenegro, representará o esforzo destes colectivos por potenciar o mercado.

josé ramón montenegro será o pregoeiro da vixésimo sétima edición

Entre as actividades que contén o programa destacarán animacións de rúa, música, recreacións histórica, demostracións e obradoiros para todas as idades, degustacións e venda de produtos da terra.

Programa do Mercado Medieval de Mondoñedo. AXM

Unhas 50 persoas, boa parte deles membros da escola de música, estrearán o venres 11 un espectáculo de teatro musical, ‘O amor de Alfonso Reimúndez‘. Será ás 00.00 horas, no atrio do Seminario, con entrada de balde. Colaboran na peza asociacións de Lugo e o grupo Souto Xímaro.

a escola de música estreará o venres un espectáculo de teatro musical

RECLAMO TURÍSTICO

A rexedora lembrou que o Mercado Medieval reuníu na pasada edición a uns 35.000 visitantes, polo que “se erixe como un dos principais reclamos turísticos de Mondoñedo”.

ÚLTIMAS

Ribadeo acolle o 16 de outubro o primeiro encontro forestal do Noroeste

Ribadeo acollerá o 16 de outubro o I Encontro Forestal do Noroeste no que...

Reunión de confrarías do Cantábrico Noroeste en Foz

A Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo organiza esta semana unha nova...

Dúas alumnas de Foz participan no Campionato Mundial de Pizza Picante en Italia

Marta Chao e Kiara Cabado, alumnas de segundo ano do Ciclo Medio de Cociña...

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...