IniciosociedadeLista a reforma da antiga casa dos mestres de Xove, novo centro...

Lista a reforma da antiga casa dos mestres de Xove, novo centro sociocultural

Xunta e Concello acondicionaron o edificio con 76.300 euros de investimento

Publicada o

- Advertisement -

A antiga vivenda de mestres de Xove está lista como novo centro de formación e usos socioculturais, despois de rematar unha reforma na que colaboraron Xunta de Galicia e Concello.

As obras consistiron no acondicionamento interior e exterior do inmoble para adaptar os espazos aos novos usos e mellorar dun xeito integral a antiga vivenda emprazada xunto ao colexio da localidade. Actuouse sobre a cuberta, fachadas, solos, e na totalidade das carpinterías exterior e interior.

O redeseño do local “fíxose de xeito que na súa distribución interior permite realizar eventos de todo tipo: como centro de formación, para a organización de reunións, presentacións de eventos, como aula de usos múltiples ou, incluso, para albergar determinadas prácticas deportivas, como é o caso dos cursos de ioga”, remarca a Xunta.

O local dotouse tamén de aseos aptos para persoas con discapacidade e é totalmente accesible. A reforma serviu tamén para mellorar a envolvente térmica da edificación existente a fin de lograr un maior grao de confort e de consumo enerxético.

120 METROS CADRADOS EN DESUSO

A iniciativa contou cun orzamento que superou os 76.300 euros, dos que preto de 46.500 foron apoiados pola administración autonómica, en dúas vías: o programa de mellora de equipamentos da Consellería de Cultura e complementariamente, as achegas do GDR Terras de Miranda e de Agader, axencia adscrita á Consellería do Medio Rural.

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, acompañado do alcalde, o popular Demetrio Salgueiro, visitou as instalacións. “Xove recupera 120 metros cadrados dun inmoble ata o de agora en desuso, para actividades de interese veciñal, ao tempo que revitaliza o seu patrimonio”, destacou Balseiro.

ÚLTIMAS

Feira do Mel do Valadouro: a vocación e a resistencia fronte aos desafíos do sector

  O concello do Valadouro volve ser o epicentro da apicultura mariñá e galega coa...

O Goberno central comprométese coa pesca artesanal con medidas para facer atractivo o sector

A secretaria xeral de Pesca, Isabel Artime, participou este venres na xornada de traballo...

Evacuados doce viaxeiros do tren Ortigueira-Viveiro por un obstáculo na vía no Concello de Mañón

Unha docena de viaxeiros tiveron que ser evacuados este xoves á noite despois de...

Ribadeo acolle o 16 de outubro o primeiro encontro forestal do Noroeste

Ribadeo acollerá o 16 de outubro o I Encontro Forestal do Noroeste no que...