IniciosociedadeCinco eventos paralelos arrouparán a Feira do Bonito para que sexa de...

Cinco eventos paralelos arrouparán a Feira do Bonito para que sexa de Interés Turístico Nacional

A exaltación do túnido, que repartirá 4.500 racións e 1.000 tapas, contará cunha variada oferta de ocio complementaria desde o 1 ata o 5 de agosto

Publicada o

- Advertisement -

Cinco actividades paralelas que se celebrarán desde o 1 ao 5 de agosto arrouparán á Feira do Bonito, programada para o sábado 4, para potenciar a exaltación gastronómica do produto estrela de Burela e que poda ser recoñecida de Interés Turístico Nacional.

A feira de produtos artesáns e ecolóxicos Produart, o certame de pintura mural Amarte, a mostra de cinema marítimo Ultramar, o primeiro torneo de baloncesto 3×3 Feira do Bonito e un partido de fútbol entre a SD Burela e o Rácing Vilalbés complementarán a festa grastronómica, que cumpre a súa trixésimo cuarta edición, para completar unha variada oferta de ocio no municipio.

o concello tramitará a solicitude en setembro e espera que a festa conte coa distinción “a final de ano”

TRÁMITES

O alcalde de Burela, o socialista Alfredo Llano, sinalou na presentación do evento que “o Concello e a asociación cultural Ledicia estamos a dar pasos” para que a feira sexa declarada de Interese Turístico Nacional. “Calculamos que a partir do mes de setembro se poda efectuar a petición formal e esperamos que a finais de ano se poda obter ese mérito. Sería un recoñecemento a toda a xente que leva traballando 34 anos para que se consolidase este evento, que é un fundamental para o municipio no ámbito económico e social”.

“TODOS SOMOS BONITO”

A presidenta da asociación Ledicia, Rocío Rivera, mostrou a súa satisfacción pola cantidade e variedade das actividades programadas en torno á degustación. “Sentímonos orgullosos de que a Feira do Bonito, que sempre pelexou un pouco en solitario, pouco a pouco se fose complementando. Todos somos feira e todos somos bonito”, resaltou.

ángel vigo será o asador maior e dolores vivero a colaboradora de honra

A dirixente do colectivo lembra que o traballo de Ledicia comeza o martes e que o punto álxido de colaboración de voluntarios será o sábado, cando “unhas 120 persoas” arrimarán o ombro para que a degustación do túnido sexa saborosa e fluída. Rivera agradeceu un esforzo que se fai “con sentimento”, afirmou. “Quen pela un bonito non só lle quita a pel senón que tamén está a recordar e a transmitir unhas vivencias”, concluíu.

Neste senso, Ledicia recoñecerá a Ángel Vigo Díaz como Asador Maior e a Dolores Vivero Martínez como Colaboradora de Honra.

4.500 RACIÓNS E 1.000 TAPAS

Rivera precisou que se repartirán unhas 3.500 racións de bonito “clásicas”á grella, cocido ou en empanada-, 1.000 tapas de salpicón e outras 1.000 racións de marmitako, que se degustará o domingo.

Rivera tamén resaltou que o sábado disporase unha actividade enfocada aos nenos. Trátase da elaboración tun tapiz alusivo á feira, no que colaborarán os alfombristas de Burela e persoal da tenda de xoguetes Xogando nas Nubes. Estará baseado no cartel do evento. Pola noite, en colaboración coa organización do festival Osa do Mar, haberá concertos, que teñen tamén unha certa carga simbólica. Actuarán os galegos Os Amigos dos Músicos e os vascos Korrontzi, dúas procedencias que unen a liña pesqueira cantábrica do bonito do norte.

Degustación de bonito no restaurante Miranda. AXM

62 POSTOS EN PRODUART

Catalina Sánchez Luengo, xerente da Fundación Expomar e impulsora de Produart, explicou o programa da décimo sétima edición da feira de produtos artesáns e ecolóxicos, que contará cun total de 62 postos. “O noso obxectivo fundamental é poñer en contacto ao consumidor co produtor coherente e concienciado co medio ambiente”, indicou.

os nenos poderán participar na elaboración dun tapiz ou nun obradoiro de reciclaxe

Ademais, o propio programa de Produart, que abrirá no porto o venres ás 17.30 horas e e pechará o domingo ás 22.30 horas, inclúe diversas actividades paralelas. Os asistentes poderán desfrutar de degustacións, dun obradoiro participativo de cantería co escultor José Álvarez Pardo, de demostracións de encaixe de bolillos, de talleres de reciclaxe para nenos ou da proxeccións de documentais sobre seguridade alimentaria ou os efectos da comida rápida. Aquí podes ver o plan de actividades completoPrograma PRODUART 2018

AMARTE

Dez obras elixidas dun total de 33 concursantes lucirán no paredón do porto burelés na segunda edición do certame de pintura mural Amarte, que se celebrará do xoves ao domingo. Os artistas comezarán a elaborar as súas creacións o día 2 ás 11.00 horas, e rematarán o domingo pola mañá, pouco antes da entrega de premios.

ULTRAMAR

A primeira edición da mostra de cinema marítimo Ultramar súmase á causa coa proxección de películas e documentais relacionados co medio mariño. ‘Crebinsky‘, ‘Vikingland‘, ‘Lupita‘, ‘Escamas, sangue‘ e ‘Dead slow ahead‘ serán os títulos ofertados na exhibición, que se celebrará de xoves a sábado e no que participará o actor Miguel de Lira, entre outros convidados. Neste enlace podes ver sinopses e horarios.

DEPORTE

O ambicioso programa festivo fica completo con deporte. O Club Baloncesto Burela estreará o torneo de baloncesto 3×3 que leva o nome da feira. Celebrarase do venres ao sábado, con distintas categorías -incluída a sénior e ‘vellas glorias‘- e concursos de habilidades. O pregoeiro desta edición, todo un medallista olímpico como Fernando Romay, será o xuíz no certame de mates. Os interesados en anotarse poden facelo na web da entidade.

o torneo de básket, coa presenza do pregoeiro, romay, e un sd burela-vilalbés de fútbol porán a nota deportiva

Ademais, A Marosa acollerá o mércores, día 1, un partido de fútbol entre a Sociedade Deportiva Burela e o Rácing Vilalbés, da Terceira División. O encontro arrincará ás 19.30 horas.

O chef Bruno Pena, con dúas das receitas ofrecidas na degustación. AXM

DEGUSTACIÓN

Trala presentación da feira, a Asociación de Cociñeiros da Mariña preparou unha degustación do túnido que se celebrou no restaurante Miranda. Os seis chefs e o panadeiro que integran a agrupación deleitaron aos asistentes con distintas receitas: salpicón de bonito con fabasempanada de bonito e algastataki de bonito curado con soxa, cítricos e cirola vermella, chourizo de bonito, bonito en rolo servido con allada, zorza de bonito ou o peixe marinado.

ÚLTIMAS

Alcoa ten o apoio dos accionistas para comprar a australiana Alumina Limited e ter todo o complexo de San Cibrao

Os accionistas de Alcoa, cun apoio do 99% dos presentes en xunta especial, apoiaron...

O pleno de Ribadeo abordará a seguridade na vila e outros temas como a Pancha

Pancha, seguridade, miradoiro de Loctudy e 4º Plan de Igualdade centrarán o pleno que...

Furgonetas ‘cero emisións’ para a brigada de obras de Viveiro

Tenencia de Alcaldía do Concello de Viveiro informa da compra de dúas novas...

Bandeira azul á Praia de Area en Viveiro

O Concello de Viveiro informa á veciñanza de que esta mañá procedeuse ao izado...