IniciosociedadeA semana náutica de Ribadeo cumprirá 28 anos do 6 ao 12...

A semana náutica de Ribadeo cumprirá 28 anos do 6 ao 12 de agosto

Haberá regatas cada tarde do luns ao xoves, en doble sesión o sábado e as escolas de vela protagonizarán o domingo

Publicada o

- Advertisement -

O Real Club Náutico de Ribadeo (RCNR) presentou a vixésimo oitava edición da semana náutica, que se celebrará do 6 ao 12 de agosto.

Durante toda a semana haberá regatas de vela latina, desde o luns ata o domingo. O presidente do RCNR, Ramón Acuña, resaltou que “para nós é un orgullo ter o bote máis importante de Galicia, feito aquí e específico da nosa ría. Ao igual que nas Rías Baixas están moi orgullosos das súas dornas, aquí estámolo dun bote que compartimos coas nosas vilas irmás de Figueras e Castropol”.

O luns, martes, mércores e xoves as distintas competicións de vela tradicional ou cruceiro local comezarán as 17.00 horas. O sábado haberá quenda de mañá -desde as 11.00- e de tarde.

O domingo, o protagonismo será para as escolas de vela, que organiza o Concello nas que o RCNR pon as súas instalacións. O rexedor ribadense, Fernando Suárez Barcia, sinalou “a importancia desta institución para o municipio”.

Polo momento, está por confirmar a data da tradicional zalea a Abres.

O delegado territorial da Xunta de Galicia, José Manuel Balseiro, felicitou aos organizadores por promover estas actividades que contribúen a dinamizar e difundir os atractivos de Ribadeo e da súa comarca.

Trala presentación presentouse un vídeo promocional do evento e procedeuse a izar as bandeiras azul e Q de Calidade Turística, que ostentará durante este verán o RCNR.

ÚLTIMAS

Ribadeo acolle o 16 de outubro o primeiro encontro forestal do Noroeste

Ribadeo acollerá o 16 de outubro o I Encontro Forestal do Noroeste no que...

Reunión de confrarías do Cantábrico Noroeste en Foz

A Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo organiza esta semana unha nova...

Dúas alumnas de Foz participan no Campionato Mundial de Pizza Picante en Italia

Marta Chao e Kiara Cabado, alumnas de segundo ano do Ciclo Medio de Cociña...

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...