IniciosociedadeManolo Piñeiro, anticuario: "Nas feiras, os avós dinlles aos netos como usaban...

Manolo Piñeiro, anticuario: “Nas feiras, os avós dinlles aos netos como usaban obxectos antigos”

O pontenovés organiza o encontro de Vegadeo a vindeira fin de semana e o mercado de antigüidades de Burela en agosto

Publicada o

- Advertisement -

O anticuario pontenovés Manolo Piñeiro ten por diante unha axenda apertada. Agarda a 24 expositores na Feria de Antigüedades de Vegadeo, que comeza este venres. Despois de levar a súa mercancía a Torrelavega, a un dos encontros máis relevantes do sector, organizará outra feira, a de Burela, a principios do mes de agosto.

Cando comezou no mundo das antigüedades?

En xaneiro cumprirei 19 anos neste sector. Foi un pouco por casualidade. Comecei a traballar na carpintería de meu pai a principios dos 90. Daquela rehabilitar casas estaba en auxe, e requeríase a reparación de mobles antigos. Así empecei, e xa no 2004 comecei a viaxar a outros lugares para adquirir bens. En Francia atopeime outra cultura do patrimonio e das cousas de segunda man. Aquí tirabamos as cousas usadas, alí buscábanlles unha segunda vida.

Engancha este mundo?

Desde logo. A min encántame o meu negocio e o meu traballo. Hai unha adrenalina especial cando entras nunha casa e atopas unha peza que non te esperabas. Ás veces hai sorpresas agradables, e outras desagradables.

“este mundo engancha pola adrenalina de atopar unha peza coa que non contabas”

Este ano terán en Vegadeo 24 expositores, cifra récord.

Si. Virá xente de Francia e doutras partes de España. Cada expositor traerá de todo un pouco, pero cada un deles tamén ten as súas certas especialidades: libros, moedas, mobiliario, radios ou teléfonos antigos… Estamos contentos porque levamos sete anos con este evento e foise consolidando. Este ano teremos o recinto cheo e ofreceremos unha opción de ocio e un impacto económico en Vegadeo. O ano que menos xente veu a esta feira xuntou a 1.500 persoas e o ano que máis viñeron 2.350 asistentes, así que falamos de cifras moi dignas.

Piñeiro, á esquerda, co alcalde de Vegadeo, César Álvarez, na presentación da feira. AXM

Cal é o perfil do asistente?

Hai de todo. Xente que vén mercar, compradores que son coleccionistas e veñen buscar algo concreto. Pero tamén veñen moitas persoas en plan familiar, simplemente a ver. Teño visto avós cos netos diante de pizarriñas que utilizaban na escola, explicándolles como era ir ao colexio daquela. Este evento tamén ten unha dimensión pedagóxica. Hai que vén coma quen vai a un museo e paga os 2,5 euros da entrada con gusto.

“hai xente que vén mercar e outra que ACODE coma se fose a un museo. e paga a entrada con gusto”

CRISE

Afectou a crise ao sector?

Por un lado si, de forma moi acusada. Hai que comprender que un dos sectores que máis prexudicou a crise foi o da construcción. O mobiliario é unha das nosas bazas, así que, se non se compran casas, quen quere comprar mobiliario? Houbo quen tivo que pechar. Por outro lado, houbo xente que se desfixo de pezas moi boas para gañar diñeiro, pezas que noutro momento non se venderían. Así que tamén tivo un impacto positivo, de revitalizar o mercado.

Imaxino que o sector das antigüidades tamén se prestará á picaresca.

A picaresca asoma en todos os sitios, está sempre aí. Pola nosa parte, a mellor garantía da calidade de produto é que somos unha feira pequena, na que case todos os expositores repiten e dan a cara todos os anos. Noutras feiras máis grandes apenas coñeces aos anticuarios, é todo máis impersoal. Aquí coñecémonos todos e o cliente tamén o nota, dálle unha seguridade. Por outra banda, este negocio vive do boca a boca e cando hai un timo, quen o fai axiña perde prestixio.

“HAI PICARESCA EN TODOS LADOS, PERO NAS FEIRAS PEQUENAS OS EXPOSITORES DAN A CARA ANO TRAS ANO”

BURELA

A vindeira cita para os amantes dos obxectos antigos será en Burela.

Si, do 10 ao 12 de agosto. Será a terceira edición e contamos por agora con 15 expositores, que é un número moi respectable. Normalmente a xente responde moi ben a este tipo de eventos, pero precisan dun mínimo de catro ou cinco anos para consolidarse, así que imos pouco a pouco. A nosa filosofía é coidar aos expositores, darlles facilidades, para así ter as mellores pezas posibles que ofrecer aos clientes.

ÚLTIMAS

As Festas do Carme en Porcillán contarán coa colaboración do Concello de Ribadeo

Do 19 ao 21 de xullo celébranse en Porcillán as festas do Carme, que...

Viveiro presenta unha APP que permite ver en 3D as antigas portas da vila

O Concello de Viveiro presentou esta mañá a súa nova APP, que permite experiencias...

X Edición da 1/2 km Vertical Monte Comado en Barreiros

O vindeiro domingo, 21 de xullo, Barreiros acollerá a décima edición da carreira popular...

As xornadas de Historia da Pomba do Arco en Foz abordarán desde a romanización até o nazismo

A casa da cultura Poeta Manuel María de Foz acolle entre 29 de xullo...