IniciosociedadeA Concordia revindica a figura do seu ex presidente López de Prado,...

A Concordia revindica a figura do seu ex presidente López de Prado, falecido o pasado domingo

A agrupación resalta que foi o impulsor da doazón de 120.000 euros que fixo a asociación para a creación do centro de día para a terceira idade

Publicada o

- Advertisement -

A asociación A Concordia de Ribadeo emitiu un comunicado no que lamenta o falecemento o pasado 24 de novembro do que durante tres décadas fose o seu presidente, Antonio López de Prado Yáñez, de 93 anos.

Entre os méritos acumulados polo falecido, a agrupación destaca “a súa oposición, nos anos 70, ao proxecto de unión de varias sociedades ribadenses, o que suporía que A Concordia desaparecese“. En segundo lugar “impulsou a incorporación de novos socios, rexuvenecendo a sociedade e incorporando mulleres á directiva”.

Finalmente, salienta o colectivo, “foi o promotor da idea de doar a maior parte do capital que tiña a sociedade para, en colaboración co Concello, poñer en marcha un Centro de Día para a Terceira Idade. O proxecto de colaboración asinouse en abril de 2001 e a achega da Concordia foi de 20.000.000 de pesetas (120.000 euros) para as obras de adecuación e dotación de equipamento no antigo Matadoiro Municipal”, salientan. Na actualidade, a xestión depende da Xunta de Galicia.

ÚLTIMAS

Trabada recibe o plano cos beneficiarios dos descontos da luz vinculados ao parque do Mondigo

O Concello de Trabada vén de recibir por parte de Recursos de Galicia e...

Correos activa o servizo de transporte de mochilas no Camiño norte no seu paso por Ribadeo

Os peregrinos que realicen o Camiño de Santiago este ano xa teñen dispoñible o...

Ribadeo anuncia melloras na accesibilidade para a Rúa Virxe do Camiño

O alcalde, Dani Vega, dixo que “seguimos mellorando a zona da Virxe do Camiño....

Barreiros inaugura a exposición “Fauna Esencial”

Esta mañá ás 11:30 horas tivo lugar a inauguración da Exposición “Fauna Esencial” da...