IniciosociedadeA Xunta di que os Xulgados de Viveiro teñen unha carga de...

A Xunta di que os Xulgados de Viveiro teñen unha carga de traballo “lixeiramente superior” á pactada

O Goberno galego argumenta, con datos de 2018, que os asuntos penais recibidos foron inferiores ao módulo de entrada, pero admite que no ámbito civil "se excedeu" o número de causas

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia emitiu este xoves un comunicado trala denuncia de dous traballadores que denunciaron que, segundo unha inspección do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), realizada no pasado mes de novembro, o Xulgado número 1 de Viveiro ten unha carga de traballo do 215%, máis do dobre que é capaz de asumir. Os funcionarios resaltan que a situación no organismo xudicial número 2 viveirense é “similar“.

Ante a petición dos traballadores de incrementar o persoal, o Goberno autonómico indica que os Xulgados de Viveiro “contan cun cadro de persoal completo e recentemente tramitouse a creación dunha nova praza para o Xulgado número 2, pendente da súa ocupación efectiva por comisión de servizos“. Neste sentido, o Executivo galego non concreta unha data de cando se ocupará a praza, anunciada no mes de xaneiro de 2018.

Polo que respecta á carga de carga de traballo, “segundo datos estatísticos oficiais, é lixeiramente superior aos módulos de entrada aprobados polo Ministerio de Xustiza e o Consello Xeral do Poder Xudicial“, argumenta a Xunta.

“Os datos estatísticos no 2018 na xurisdición penal rexistraron unha entrada de asuntos inferior ao módulo de entrada, mentres que excedeu na materia civil“. En todo caso, non se ofrecen números concretos.

PLAN DE RECUPERACIÓN TRALA FOLGA

No tocante á folga da Xustiza, a Xunta expón que “os funcionarios dos xulgados de Viveiro participaron no plan de recuperación tralo paro e facendo máis de 100 horas extra”, aínda que os propios traballadores calculaban que se precisaba recuperar entre 800 e 1.000 horas.

REFORZO DO PERSOAL

“Calquera petición dunha medida de reforzo debe ser analizada e aprobada pola Comisión Mixta entre TSXG e a Xunta, e tamén ir ligada a un plan de seguimento do resultado da medida”, conclúe o Goberno autonómico.

ÚLTIMAS

O presidente da República de Cabo Verde recibe á alcaldesa de Burela no pazo presidencial

O Presidente da República de Cabo Verde, José María Neves, vén de recibir á...

Héitor Picallo: “As Crónicas Compostelanas deron a imaxe negativa de dona Urraca que chegou até hoxe”

-A súa conferencia en Ribadeo vai tratar sobre a figura das raíñas galegas. Nesta...

Finalizan en Ribadeo as Xornadas Profesionais de Corresponsabilidade

Coa presentación este mediodía do Decálogo Local pola Corresponsablidade remataron en Ribadeo as Xornadas...

Nenos e nenas das Escolas Deportivas de Barreiros saíron ao campo acompañando a xogadores do CD Lugo

As nenas e nenos das Escolas Deportivas Municipais de Barreiros foron protagonistas este sábado...