IniciosociedadeSaborea a programación da Feira do Bonito de Burela

Saborea a programación da Feira do Bonito de Burela

A exaltación gastronómica, o 4 de agosto, contará con numerosas actividades culturais paralelas na fin de semana

Publicada o

- Advertisement -

A organización da Feira do Bonito deu a coñecer o programa do evento, que se celebrará o sábado 4 de agosto e que conta con múltiples actividades paralelas.

ENCONTROS DE ARTE, CINEMA E ARTESANÍA

De feito, o programa festivo arrinca o día 2, cando arrincarán dous encontros culturais relacionados coa feira. Un deles será o segundo certame de pintura mural Amarte, no que participarán dez artistas e que contará coa presenza de Alfonso Otero Regal. A mostra de cine marítimo Ultramar, que disporá Raso Estudio, proxectará películas e documentais baseados no medio mariño.

O día 3 comezará unha nova edición de Produart, a exhibición de produtos artesáns e ecolóxicos que impulsa a Fundación Expomar. Tamén haberá deporte, coa estrea do Torneo Feira do Bonito de baloncesto 3×3 nas rúas.

Programa da Feira do Bonito. AXM

O día 4, a actividade comezará ás 13.30 horas, coa recepción das autoridades no barco-museo Reina del Carmen. Ás 14.00 horas, o ex baloncestista Fernando Romay pronunciará o pregón, que dará paso á degustación. Haberá racións de bonito á grella, cocido ou en empanada, a oito euros, así como tapa de salpicón a un prezo de dúas unidades.

Pola tarde haberá xogos populares e elaborarase un tapiz alusivo á feira, por parte da asociación de alfombristas de Burela.

Pola noite será a presentación do Festival Osa do Mar, coa actuación dos grupos Os Amigos dos Músicos e Korrontzi.

DOMINGO

Os actos concluirán o domingo, cunha degustación de marmitako e sesión vermú.

PRESENTACIÓN, O VENRES

A presentación da feira será o vindeiro venres, ás 13.00 horas. Logo haberá unha degustación de bonito no restaurante Miranda, no porto burelés. Preparará os pratos a Asociación de Cociñeiros da Mariña.

O alcalde burelés, Alfredo Llano, resaltou a cantidade de citas que haberá na fin de semana, “que se complementan perfectamente”, e que ofrecen “unha ocasión única para visitarnos”. 

ÚLTIMAS

Rueda acusa a Pontón de criminalizar a Alfonso Villares: “Mandou a tomar vento a súa presunción de inocencia”

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reprochou á portavoz nacional do BNG, Ana Pontón,...

ACISA Ribadeo galardoada co premio Nacional de Comercio Interior polo Ministerio de Economía

Acisa Ribadeo foi galardoada co Premio Nacional de Comercio Interior na categoría de Centros...

A Área de Servizos Sociais de Barreiros leva adiante un curso de formación para a inserción laboral

A área de Servizos Sociais do Concello de Barreiros, dirixida pola tenente de alcaldesa...

Campus Mareo Itinerante do Sporting de Gijón en Ribadeo para o 22 de xuño

Ribadeo acollerá do 22 ao 27 de xuño o Campus Mareo Itinerante do Sporting...