IniciosociedadeAsí está o treito alto do Fontecova un ano despois da riada...

Así está o treito alto do Fontecova un ano despois da riada que asulagou Xunqueira

A veciñanza esixe unha limpeza a fondo da parte alta do río, onde se acumulan "eucaliptos, maleza e ata redes para pechar o gando"

Publicada o

- Advertisement -

Un ano despois da riada que anegou ducias de vivendas en Xunqueira e provocou a morte dunha muller, Amparo Berdeal, de 83 anos, o treito alto do río Fontecova, antes de chegar á zona urbana, segue “cheo de árbores e de maleza” malia as labores de limpeza realizadas pola Xunta de Galicia.

A veciñanza atribuíu a inundación do barrio aos obstáculos no treito alto do río, que retiveron a auga nunha zona cunha caída de 18 metros de longo por 4,60 de alto, malia que Augas de Galicia defendeu con insistencia que foron “chuvias que ocorren cada 500 anos” as que causaron o rebordamento do Fontecova.

Unha explicación que desbotan os veciños do barrio, que levan anos alertando sobre a acumulación de árbores e maleza na parte alta do caudal. Un ano despois da traxedia, seguen preocupados pola situación nese treito. “Hai eucaliptos que están pelados, o que fala do tempo que levan aí, e mesmo hai redes que deben ser dalgún peche para gando“, explica Alfonso Otero Regal, da asociación veciñal de Xunqueira.

A agrupación insiste en que “non se espere” para acometer unha limpeza a fondo do caudal, tarefa que debe acometerse “periodicamente”, e lembra que no temporal que padeceu A Mariña Lucense nos últimos días, con fortes chuvias e ventos, o Fontecova estivo de novo a piques de rebordar en varias zonas urbanas.

Á ESPERA DA PROPOSTA PARA REURBANIZAR O BARRIO

A Xunta anunciou o pasado martes un plan de prevención para as áreas do rego Trasposta e do río Fontecova, e anunciou que presentará “en semanas” a nova proposta de reurbanización do barrio a fin de evitar riscos. A veciñanza agarda que se teñan en conta as súas solicitudes.

ÚLTIMAS

Os sanitarios do Hospital da Costa realizarán accións até seren atendidas as súas demandas

A Xunta de Persoal do Hospital da Costa convocou unha xuntanza este martes para...

Sargadelos ten de prazo ata despois do verán para mellorar a seguridade laboral

A dirección de Sargadelos ten ata despois do verán para mellorar a seguridade na...

A concelleira de Facenda de Foz denuncia a “demagoxia” do PP coas facturas

A concelleira de Facenda e voceira do goberno municipal de Foz, Inés López Couto,...

Piden catro anos de prisión por presunta estafa a un home “en situación de vulnerabilidade”

Unha muller de orixe portuguesa enfróntase a catro anos de prisión por, presuntamente, estafar...