IniciosociedadeOs mellores castelos de area, a concurso en Barreiros

Os mellores castelos de area, a concurso en Barreiros

O certame, que organiza o Concello, celebrarase o día 25 e ofrecerá premios en distintas categorías

Publicada o

- Advertisement -

O habitual concurso de castelos de area que organiza cada verán o Concello de Barreiros será o vindeiro mércores, día 25. O certame comezará ás 11.30 horas na praia de Arealonga, na parroquia de Santiago de Reinante. 

Os interesados en inscribirse deben facelo entre as 10.00 horas e as 11.00, a carón do posto de socorrismo que hai no areal. Haberá distintas categorías e tamén diferentes premios para os mellores castelos de area.

“OBRAS DE ARTE”

O alcalde, Alfonso Fuente, explicou que “a marea baixa está prevista para as dez menos cuarto da mañá, de aí a hora prevista”. O rexedor asegurou que “no certame poderanse ver auténticas obras de arte”.

ÚLTIMAS

Ampla oferta da UNED de Viveiro para o curso 2026/2027 con formación adaptada a varias etapas vitais

A Aula Universitaria da UNED en Viveiro encara o inicio do novo curso académico...

A Academia Xacobea incorpora a John Rutherford e Manuel Valín, ambos moi vinculados a Ribadeo e á Mariña

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou este domingo na sesión da...

Cortes na estrada de Xove ao Portiño de Morás por obras do 13 ao 16 de outubro

A Deputación de Lugo informou de cortes na LU-P-2601 desde o martes 13 de...