IniciosociedadeA Pontenova organiza un campamento de verán en agosto

A Pontenova organiza un campamento de verán en agosto

O Concello abriu o prazo para anotarse na actividade, que será de balde e celebrarase entre os días 6 e 18

Publicada o

- Advertisement -

O Concello da Pontenova disporá un campamento de verán gratuíto no mes de agosto. Poderán participar na actividade, que comezará o día 6 e rematará o 18, nenos e nenas de entre tres e 14 anos.

O campamento desenvolverase en horario matinal, de 10.00 a 14.00 horas. Ofrecerá excursións, viaxes á praia, clases na piscina, ruta de sendeirismo, clases de cociña, reciclaxe, rutas polo pobo e festa con inchables. Os interesados en anotarse deben inscribirse no teléfono do Concello, o 982.34.22.77.

Programa do campamento. AXM

A concelleira de benestar social, Isabel Couto, sinala que a actividade “contribúe a conciliar a vida laboral das familias da Pontenova” e ofrece “alternativas de lecer durante as vacacións de verán, ademais de promover valores”. A presentación destas actividades será o 3 de agosto, ás 11:00 horas, na casa da cultura.

ÚLTIMAS

Licitadas as obras para mellorar a intersección entre a N-642 e a LU-152 en Foz

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable licitou por 511.617,26 euros o contrato de...

‘Plans con Corazón’ da Mancomunidade chegarán a Ourol, Foz e Barreiros

Aproveitando que a vindeira fin de semana será un pouco máis longa, ao sumarse...

Medalla de Ouro de Viveiro á Xunta de Confrarías da cidade

O Concello de Viveiro celebrará este mércores, 7 de outubro, ás 19:30 horas, unha...

Ribadeo inviste un millón de euros na reparación de vías de comunicación

Ribadeo investirá un millón de euros no arranxo das vías de comunicación, procedente da...