IniciosociedadeA Xunta pide a Concello e Deputación obras para achegar a parada...

A Xunta pide a Concello e Deputación obras para achegar a parada de bus de Ventoselle á casa dunha alumna

Tralas queixas do pai da nena, que fixeron recuar á Administración autonómica, Educación reclama aos gobernos local e provincial o asfaltado, sinalización e alumeado da zona

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia pide obras ao Concello de Viveiro e a Deputación de Lugo para modificar o emprazamento da parada de autobús de Ventoselle, na estrada de Riobarba, tralas queixas dun pai dunha nena desta localidade de Viveiro, dado que o punto de estacionamento e recollida do alumnado está a uns 400 metros da vivenda por unha zona sen alumeado, sendo un lugar de tránsito de camións de madeira.

A Consellería de Educación, que posteriormente decidiu modificar a liña para recoller á nena, de 11 anos, preto do seu domicilio, encargou á Garda Civil un informe sobre posibles melloras a realizar para mellorar a zona de estacionamento do autobús escolar, localizada no punto quilométrico 3 da LU-P-6603, de titularidade provincial.

Segundo expuxo a Xunta nun comunicado, o destacamento de Tráfico recomenda realizar algunhas modificacións como a instalación dunha marquesiña, a colocación de sinalización indicativa da parada escolar e dotar o espazo que debe percorrer a alumna de iluminación pública.

ALTERNATIVAS

No informe da Garda Civil estúdanse tamén tres posibles alternativas á parada actual: empregar un autobús de menores dimensións que permitiría estacionar xunto ao domicilio da alumna, aumentar o percorrido da liña ou resituar a parada noutro emprazamento máis próximo á vivenda familiar.

As dúas primeiras propostas deben ser descartadasxa que o contrato vixente non permite modificar a tipoloxía do autobús empregado; ampliar o percorrido suporía modificar os horarios de recollida do resto do alumnado e da rutas combinadas e implicará superar o tempo máximo de permanencia no autobús, que a normativa vixente establece nunha hora”, argumenta a Xunta.

Finalmente, a terceira alternativa estudada pola Garda Civil consiste en acondicionar un lugar fronte o domicilio da alumna onde un autobús de 22 prazas poida manobrar e volver pola estrada.

OBRAS DE ADAPTACIÓN

Para poder facelo, indica a Consellería de Educación, “ademais de contar coa autorización do propietario dos terreos nos que se situaría a nova parada, tamén sería preciso acometer obras de adaptación similares ás recomendadas para o emprazamento actual, tales como o asfaltado da zona de manobra, colocación de sinalización de advertencia e de iluminación pública, todas de competencia da administración local e provincial”.

Así, a Consellería anuncia que deu traslado á Deputación de Lugo e ao Concello de Viveiro destas recomendacións.

ÚLTIMAS

Merluza D& Burela, única frota de altura certificada “pescaenverde”

A frota de palangre demersal da Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela...

Trabada recibe o plano cos beneficiarios dos descontos da luz vinculados ao parque do Mondigo

O Concello de Trabada vén de recibir por parte de Recursos de Galicia e...

A X Foliada Nordestía animará San Cibrao o 28 de marzo

San Cibrao acollerá o sábado 28 de marzo a X Foliada Nordestía, unha edición...

O BNG denuncia que A Mariña non conta con Grupo de Emerxencias Supramunicipais

O pasado 24 de febreiro, o pleno da Deputación Provincial aprobou por unanimidade e...