IniciosociedadeApaga poñerá en marcha en xaneiro unha plataforma de formación online

Apaga poñerá en marcha en xaneiro unha plataforma de formación online

A web permitirá seguir a parte teórica dos cursos que está a ofertar a asociación de profesores de automoción

Publicada o

- Advertisement -

A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia (Apaga) poñerá en marcha no mes de xaneiro de 2020 unha plataforma de formación online.

O presidente de Apaga, Álvaro Doural, subliñou que “a partir de xaneiro de 2020 vaise poñer en marcha unha plataforma online para realizar principalmente os cursos realizados e potencialos máis. Toda a parte que é conceptual deste cursos que se están dando as fins de semana, que son oito horas, sería online. É unha nova experiencia na que a asociación vai investir toda unha serie de recursos humanos e económicos para poñer en marcha esa plataforma que dará resposta a outro tipo de demandas. Vai ir enlazada co proxecto europeo sobre vehículo eléctrico que se iniciou a semana pasada en Zagreb, no cal se van colocar aí tamén todos os produtos que se van elaborar”, precisou.

FINS DE SEMANA TECNOLÓXICAS

No tocante aos cursos formativos, Apaga continuará este sábado, 16 de novembro, coas súas fins de semana tecnolóxicas cun obradoiro de diagnose con osciloscopio. Ademais o día 20 de decembro organizará outro sobre aplicación de pintura no automóbil.

No primeiro dos casos, as 15 prazas están cubertas, polo que ante a demanda farase de novo a finais de xaneiro.

CURSO DE APLICACIÓN DE PINTURA EN COCHES

Doural contou que “tamén se vai facer outro curso o 21 de decembro sobre aplicación de pintura nos automóbiles, que é moi interesante e moi demandado, dado a gran necesidade que hai neste momento especialmente de pintores nas empresas da Mariña. Poderase acceder ao curso a través da nosa web, do correo electrónico da asociación que é apagaribadeo@gmail.com ou ben do teléfono 639.88.49.45”, indicou.

ÚLTIMAS

Cristina Lagares, libraría Bahía: “Quero continuar co modelo de traballo da libraría porque sempre funcionou ben”

Cristina Lagares, -Por que te decidiches a embarcarte nesta aventura da Libraría Bahía? Antes disto...

O goberno local de Foz critica que o voceiro do PP “minta só para conseguir un titular”

A portavoz do goberno local socialista de Foz e concelleira de Facenda, Inés López...

A Deputación asume o financiamento da residencia de maiores de Ribadeo

Concello de Ribadeo e Deputación de Lugo asinaron este venres o convenio polo...

Cervo asume gran parte do incremento de prezos da residencia municipal

O Concello de Cervo comprométese a asumir gran parte do impacto que implica o...