IniciosociedadeA Festa da Merluza aspira a ser de Interés Turístico Nacional

A Festa da Merluza aspira a ser de Interés Turístico Nacional

A exaltación gastronómica, o sábado na lonxa vella de Celeiro, ofrecerá o peixe en sete variedades

Publicada o

- Advertisement -

A Festa da Merluza do Pincho de Celeiro cumprirá o sábado a súa vixésimo primeira edición. A exaltación gastronómica goza dunha saúde de ferro ea asociación Penalba, organizadora do evento, aspira a que a cita poda ser considerada e Interés Turístico Nacional, despois de acadar a distinción a nivel autonómico no 2013.

O protocolo contempla que para que unha celebración poda ser declarada de Interés Turístico Nacional débense cumprir un mínimo de cinco anos do seu recoñecemento autonómico.

Satisfeito ese requisito, a Festa da Merluza semella ter todos os ingredientes demandados –antigüidade, arraigo, orixinalidade-, pero a organización terá que intensificar a súa promoción alén de Galicia. “Pídese que haxa presentacións ou actividades promocionais a nivel estatal“, indica a presidenta de Penalba, Rosario San Isidro.

700 QUILOS E ENTRE 1.200 E 1.500 RACIÓNS

A exaltación gastronómica repartirá 700 quilos de pescada -entre 1.200 e 1.500 racións- desde ás 21.00 horas, na lonxa vella de Celeiro. Os asistentes poderán degustar o manxar en ata sete preparacións distintas: á galega, en salsa verde, en salpicón, en caldeirada, en empanada, en galipizza especial Penalba. Esta última posibilidade é a máis demandada pola receita única da agrupación.

“RECURSO TURÍSTICO”

Asistiron á presentación do evento San Isidro e Bernardo Fraga, en representación da organización, o patrón maior de Celeiro, Domingo Rey, o edil de mar, Jesús Fernández, e a alcaldesa, María Loureiro. A rexedora sinalou que a celebración, “que conta con gran tradición e participación, é xa un dos nosos recursos turísticos máis destacados“.

A Confraría de Pescadores, Puerto de Celeiro, Abanca, o Concello de Viveiro e a Deputación de Lugo colaboran con Penalba na organización da festa gastronómica. 

ÚLTIMAS

O comité de Alcoa pide de novo a convocatoria da mesa de seguimento

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao pediu por segunda vez unha...

Terceira limpeza nas parroquias de Ribadeo

Ribadeo aposta polas parroquias e acomete nelas a terceira limpeza. O alcalde, Dani Vega,...

Viveiro envía máis de 3.000 notificacións para garantir a prevención de incendios nas parcelas

Co obxectivo de conservar o solo e a biomasa vexetal nunhas condicións que permitan...

Inauguración e peche da primeira etapa da 12ª Marcha Ciclista Unificada

A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas e Alcaldesa de Burela,...