IniciosociedadeDezaoito empresas ofertan pola ampliación da EDAR de Viveiro, que comezará "en...

Dezaoito empresas ofertan pola ampliación da EDAR de Viveiro, que comezará “en verán do 2020”

As obras, que permitirán aumentar nun 50% a capacidade da actual depuradora, teñen un prazo de execución de 18 meses

Publicada o

- Advertisement -

Un total de 18 empresas veñen de presentar as súas ofertas para executar as obras de ampliación e mellora da estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Viveiro, que comezarán “en verán de 2020” cun investimento duns catro millóns de euros, segundo informou a través dun comunicado a Xunta de Galicia.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade continúa avanzando na tramitación administrativa desta actuación, cuxas obras dispoñen dun prazo de execución de 18 meses.

A intervención ten como obxectivo ampliar a capacidade e mellorar o grao de depuración previo ao emisario de todas as augas residuais de Viveiro, incluídas as do núcleo de Celeiro.

Esta optimización, indica Infraestruturas e Mobilidade, “permitirá tratar a totalidade das augas residuais xeradas no municipio, incorporando cunha nova conexión os procedentes da rede de Celeiro, que actualmente non van á depuradora. Ademais solucionaranse os problemas detectados na actual depuradora, pois a capacidade de depuración real é menor da inicialmente prevista”, o que a Xunta atribúe “á falta de conservación e mantemento” por parte do executivo municipal.

Segundo indicou a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, estas obras, “ao tratarse da mellora e intervención na depuradora que xa está en funcionamento, a medida que se executen as distintas actuacións, iranse poñendo en servizo, procedéndose ao final, ás probas para que todo funcione correctamente”.

Trátase dunha actuación “estratéxica” para Viveiro e a súa ría que incrementará nun 50% a capacidade de depuración da planta actual e permitirá atender 23.700 habitantes equivalentes, “deixando cubertas as necesidades de depuración de Viveiro para as próximas dúas décadas”, asegura a Xunta.

PROTESTA VECIÑAL

Esta ampliación da capacidade e mellora do funcionamento da EDAR de Viveiro contribuirán a obter unha “mellora significativa da calidade da auga da ría“, que “se traducirá, tamén, no resultado das analíticas sanitarias presentadas por praias como a de Celeiro”, unhas probas que foron o desencadeante o pasado verán dunha protesta veciñal para esixir ás administracións o saneamento do estuario“.

EMISARIO SUBMARIÑO

No tocante ao emisario submariño que verte augas fecais á ría, a Xunta asegura que está a “ultimar” o proxecto de saneamento de Celeiro e a mellora da condución de vertido da EDAR de Viveiro, que inclúe a execución do novo conduto e retirada do antigo, novo tanque de tormentas e mellora da capacidade de bombeo de Celeiro, cun orzamento duns 3,5 millóns de euros.

ÚLTIMAS

O PP ofrece unha suba importante de votos na Mariña segundo os datos do 18F

Galicia é diversa. A nosa terra é un territorio onde nada ten que ver a...

Cervo recupera a panorámica da Atalaia derrubando parte do esqueleto dun edificio

O Concello de Cervo inicia este ano 2024 acadando un obxectivo ambicioso perseguido desde...

A concelleira de Cultura de Foz cre que o PP quere acabar co Entroido

A concelleira de Cultura en Foz, Inés López Couto, manifesta que “os intereses partidistas...

O TS estuda este mércores o recurso da defensa da viaxe de ‘El Pequeño Nicolás” a Ribadeo

O Tribunal Supremo (TS) estudará este mércores o recurso que presentou a defensa de...