IniciosociedadeO goberno de Trabada proxecta virtualizar o museo etnográfico

O goberno de Trabada proxecta virtualizar o museo etnográfico

Este xoves licitáronse as obras de rehabilitación da antiga escola, que se remodelará para albergar o centro

Publicada o

- Advertisement -

O goberno municipal de Trabada quere poñer en marcha un proxecto de dixitalización do patrimonio que acollerá o futuro museo etnográfico da localidade. A alcaldesa Mayra García anunciou a súa intención de crear un soporte que permita a virtualización do centro que se construirá no edificio da antiga escola.

A rexedora manifestou que o concello concurrirá a unha liña de axudas da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia que se publicaron este mércores no Diario Oficial de Galicia (DOGA), e que se empregaría para financiar a iniciativa.

O uso das novas tecnoloxías ampliaría as posibilidades de difundir o patrimonio do museo, que se podería visitar en liña. Con miras ao novo proxecto, a alcaldese incidiu na “necesidade de dotar ao rural de banda ancha que permita acceder a internet de forma áxil. A día de hoxe dispoñer deste servicio é fundamental para desenvolver calquera traballo, e polo tanto para fixar poboación”.

LICITACIÓN DAS OBRAS

García fixo o anuncio este xoves, no día no que se licitaron as obras de rehabilitación da escola. O proxecto contempla a remodelación do edificio, que conservará a súa estrutura exterior, e o acondicionamento das dúas prantas, que pasarán a albergar un centro expositivo e un punto de información turística.

“Unha obra fundamental para poñer en valor o patrimonio cultural”

As empresas teñen un prazo de vinte días para presentar as súas ofertas dacordo co prego de condicións do contrato publicado na Plataforma de Contratos de Galicia. O orzamento do proxecto, cun prazo de execución estimado en seis meses, ascende a 272.000, que serán aboados con cargo a unha axuda da Xunta de Galicia.

A alcaldesa destacou que o centro etnográfico “é unha obra fundamental para o desenvolvemento turístico do municipio e para custodiar e poñer en valor o seu patrimonio cultural”.

CATRO SECCIÓNS

O museo contará con catro seccións: etnografía, historia local, archivo bibliográfico e fotográfico. O concello conta xa con amplas coleccións de utensilios e apeiros de labranza e doutros oficios tradicionais, así como doutros obxectos de uso doméstico para seren expostos.

Así mesmo dispón dunha reprodución da escola nos anos 40, con escritorios, sillas e un importante arquivo bibliográfico, cedidos polo veciño José Rocha. Outra sala do centro destinarase a organización de distintas exposicións itinerantes.

ÚLTIMAS

Ampla oferta da UNED de Viveiro para o curso 2026/2027 con formación adaptada a varias etapas vitais

A Aula Universitaria da UNED en Viveiro encara o inicio do novo curso académico...

A Academia Xacobea incorpora a John Rutherford e Manuel Valín, ambos moi vinculados a Ribadeo e á Mariña

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou este domingo na sesión da...

Cortes na estrada de Xove ao Portiño de Morás por obras do 13 ao 16 de outubro

A Deputación de Lugo informou de cortes na LU-P-2601 desde o martes 13 de...