IniciosociedadeMondoñedo presentará o Mercado Medieval en Madrid

Mondoñedo presentará o Mercado Medieval en Madrid

A alcaldesa promocionará a festa nun acto en Pangea, a tenda de viaxeis meirande do mundo

Publicada o

- Advertisement -

A vixésimo sétima edición do Mercado Medieval de Mondoñedo, que se celebrará os días 10, 11 e 12 de agosto, presentarase este venres en Madrid, na sede de Pangea, a tenda de viaxes máis grande do mundo.

No acto de presentación da festa, dirixido ao sector turístico e medios de comunicación, participarán o responsable de relacións institucionais da Asociación Pueblos más Bonitos de España, Pedro Fernández Arroyo, e o blogueiro Diego Pons, impulsor de ‘Viajando con Diego‘.

PROGRAMA

O programa da cita, organizada polo Concello en colaboración coa Deputación de Lugo e Abanca, inclúe actuacións musicais, pezas de recreación histórica, demostracións de oficios tradicionais e espectáculos de animación. Ademais, os visitantes poderán mercar en postos de artesanía e gastronomía.

ÚLTIMAS

Feira do Mel do Valadouro: a vocación e a resistencia fronte aos desafíos do sector

  O concello do Valadouro volve ser o epicentro da apicultura mariñá e galega coa...

O Goberno central comprométese coa pesca artesanal con medidas para facer atractivo o sector

A secretaria xeral de Pesca, Isabel Artime, participou este venres na xornada de traballo...

Evacuados doce viaxeiros do tren Ortigueira-Viveiro por un obstáculo na vía no Concello de Mañón

Unha docena de viaxeiros tiveron que ser evacuados este xoves á noite despois de...

Ribadeo acolle o 16 de outubro o primeiro encontro forestal do Noroeste

Ribadeo acollerá o 16 de outubro o I Encontro Forestal do Noroeste no que...