IniciosociedadeO Mercado Medieval de Alfoz agarda a 4.000 persoas

O Mercado Medieval de Alfoz agarda a 4.000 persoas

A Deputación de Lugo achega 5.500 euros ao evento, que se celebra a vindeira fin de semana

Publicada o

- Advertisement -

A Deputación Provincial de Lugo apoia con 5.500 euros o Mercado Medieval de Alfoz, que agarda a 4.000 persoas na vindeira fin de semana no Castrodouro.

A deputada de cultura, Pilar García Porto, o alcalde alfocense, Jorge Val, e o concelleiro de desenvolvemento local do municipio, Xabier Pardiñas, presentaron no Pazo de San Marcos a vixésima edición do evento. 

Porto explicou que o evento “ten interese histórico pola posta en valor que se fai da figura do Mariscal Pardo de Cela, pero por riba disto, este mercado é un grande revulsivo económico para o concello, xa que durante unha fin de semana duplicará a súa poboación coa chegada dos visitantes ao municipio”.

Val, pola súa banda, destacou que o mercado está “feito co cariño dos veciños” e serve para dar a coñecer o noso municipio e un ben cultural e histórico tan importante como é a fortaleza do Castrodouro“.

PROGRAMA

Podes consultar o programa da cita, que está composto de ata vinte actividades, incluíndo teatro, gastronomía ou xogos, aquí.

ÚLTIMAS

Licitadas as obras para mellorar a intersección entre a N-642 e a LU-152 en Foz

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable licitou por 511.617,26 euros o contrato de...

‘Plans con Corazón’ da Mancomunidade chegarán a Ourol, Foz e Barreiros

Aproveitando que a vindeira fin de semana será un pouco máis longa, ao sumarse...

Medalla de Ouro de Viveiro á Xunta de Confrarías da cidade

O Concello de Viveiro celebrará este mércores, 7 de outubro, ás 19:30 horas, unha...

Ribadeo inviste un millón de euros na reparación de vías de comunicación

Ribadeo investirá un millón de euros no arranxo das vías de comunicación, procedente da...