IniciosociedadeUn desfile e unha churrascada animarán a presentación da Festa Normanda

Un desfile e unha churrascada animarán a presentación da Festa Normanda

O acto, organizado pola asociación Desembarco Normando, celebrarase na Praza Conde de Fontao o 24 de xullo

Publicada o

- Advertisement -

Un desfile e unha churrascada servirán para presentar a oitava edición da Festa Normanda de Foz.

O acto de presentación, organizado pola asociación Desembarco Normando coa colaboración do Concello, a Deputación e o Centro Comercial Aberto, será o martes 24 de xullo, e comezará ás 20.00 horas na Praza Conde de Fontao.

A presentación arrincará cun desfile no que os talleres de confección Rosana & Pili, de Foz, e O Nabiño, de Mondoñedo, mostrarán as súas creacións.

Ao remate haberá unha churrascada no paseo da Ribeira, con música a cargo de Dambara e o DJ Dani Rego. O prezo da ración -composta de churrasco, chourizo, pan e viño– será de sete euros.

ÚLTIMAS

Denuncian ao condutor dun camión por superar as taxas de alcol permitidas

A Garda Civil denunciou ao condutor dun camión de mercacías perigosas ao superar as...

A Mariña en alerta laranxa por temporal marítimo este mércores

Galicia continuará este mércores baixo a influencia dun temporal marítimo que manterá activada a...

Nove anos de cadea por agredir e reter ilegamente á súa exparella en Xove

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a nove anos e sete meses de prisión...

Formación en Cervo sobre turismo slow para a Mariña

A antiga carboeira do Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos, en Cervo, acolleu hoxe...