IniciosociedadeFoz e San Cibrao mostran a súa devoción no día do Carme

Foz e San Cibrao mostran a súa devoción no día do Carme

As alfombras florais focegas destacaron un ano máis pola súa creatividade

Publicada o

- Advertisement -

Foz e San Cibrao festexan este luns o día grande das festas en honra da Virxe do Carme, a patroa dos mariñeiros e da xente do mar.

Tapiz en Foz. CONCELLO DE FOZ

As alfombras florais de Foz destacaron de novo pola súa creatividade. O deseño dunha menina foi decorado con diferentes temáticas: houbo chiscadelas a Sargadelos, ao traxe galego ou mesmo unha homenaxe -con cor lila- ás vítimas da violencia machista. Os veciños traballaron a reo para confeccionar os tapetes, nos que tamén se poideron contemplar vistosos motivos xeométricos ou referencias constantes ao medio mariño e á pesca.

Menina de Sargadelos. CONCELLO DE FOZ
Os tapices focegos destacaron pola súa vistosidade. AXM

A procesión coa figura da virxe e o cántico da Salve Mariñeira foron, tanto en Foz como en San Cibrao, dous dos momentos máis agardados da mañá. Na localidade do municipio cervense, ducias de persoas déronse cita para participar na tradicional misa do porto e na ofrenda aos mariñeiros falecidos, a cargo de Sara Campo López.

Procesión en San Cibrao. AXM
Outra imaxe da procesión sancibrense. CONCELLO DE CERVO

Pero a festa segue. Luar Na Lubre actuará en San Cibrao esta noite, e Foz bailará ao ritmo da orquestra Costa Oeste.

 

ÚLTIMAS

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...

Cervo apoia ao CEIP Península da Paz nun novo plan de acción de Alcoa

O Concello de Cervo colaborou co CEIP Península da Paz e co persoal voluntario...

O Concello de Foz agrade a Transportes a licitación para a mellora na intersección da Corredoira

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, felicitouse este luns co anuncio da Demarcación de...

Alfoz celebra o XXXII Festival da Terceira Idade o 25 de outubro

O Concello de Alfoz celebrará o vindeiro domingo 25 de outubro o XXXII Festival...