IniciosociedadeSocorristas de Barreiros e Foz salvan un golfiño de varar

Socorristas de Barreiros e Foz salvan un golfiño de varar

O animar tentou varamentos na praia focega de Llas e no areal barreirense de Altar

Publicada o

- Advertisement -

Os socorristas de Foz e Barreiros traballaron na tarde do venres para salvar a un golfiño común de varar na praia focega de Llas, primeiro, e na barreirense de Altar, despois.

En Llas, animal achegouse demasiado á beira e estivo a piques de quedar en seco. Os bañistas avisaron ao 112 e os socorristas, a partir das instruccións dos técnicos da Coordinadora Para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma), introduciron ao golfiño de novo no mar. Ocorreu sobre as dúas e media da tarde. 

Unha hora despois, o cetáceo tentou varar de novo en Altar. Os socorristas metérono na auga e acompañárono ata mar aberto. A tarefa presentou dificultades, posto que tardou en saír da ría de Foz. Así, as embarcacións dos socorristas de Barreiros e Foz desprazáronse a máis de 1.500 metros da costa.

ERRO DE NAVEGACIÓN

Os técnicos do Cemma cren que o comportamento errático do golfiño puido deberse a un erro de navegación por causa da marea baixa, xa que non presentaba feridas nin síntomas de desnutrición.

ÚLTIMAS

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...

Cervo apoia ao CEIP Península da Paz nun novo plan de acción de Alcoa

O Concello de Cervo colaborou co CEIP Península da Paz e co persoal voluntario...

O Concello de Foz agrade a Transportes a licitación para a mellora na intersección da Corredoira

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, felicitouse este luns co anuncio da Demarcación de...

Alfoz celebra o XXXII Festival da Terceira Idade o 25 de outubro

O Concello de Alfoz celebrará o vindeiro domingo 25 de outubro o XXXII Festival...