IniciosociedadeBurela presentará a Feira do Bonito cunha degustación

Burela presentará a Feira do Bonito cunha degustación

A Asociación de Cociñeiros da Mariña participará coas súas receitas no acto, o día 27 de xullo,

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela presentará o día 27 a Feira do Bonito e incluirá no acto de presentación unha degustación do túnido a cargo dos membros da recén creada Asociación de Cociñeiros da Mariña.

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, sinalou que está en conversacións coa agrupación para sacar adiante a iniciativa e que espera que cada un dos cociñeiros poda achegar “dúas ou tres receitas” do bonito.

DE INTERESE TURÍSTICO NACIONAL

Llano anunciou tamén que o goberno local presentará en setembro a solicitude para que a Feira do Bonito, que se celebrará o 4 de agosto, sexa declarada de Interese Turístico Nacional. O rexedor agarda que o evento teña ese recoñecemento “a finais de ano”.

CONCURSO DE CARTELES

A agrupación cultural Ledicia, que organiza a Feira do Bonito, anunciou os nomes dos gañadores do concurso de carteles que anunciarán o evento.

Na categoría A, para menores de 14 anos, gañou Clara Vázquez Cayón. A súa creación ilustrará os programas de man.

Na categoría B, para maiores de 14 anos, a obra elixida foi a de David Fernández Rodil, ‘Davixino‘, que protagonizará o cartel anunciador.

ÚLTIMAS

Burela acolle cursos formativos para persoas estranxeiras e a preparación de probas oficiais

Burela acollerá dous cursos formativos dirixidos a persoas estranxeiras, organizados por Ecos do Sur....

ACISA integra hoxe os negocios da Praza de Abastos logo do acordo entre patronal local e Asociación de Praceiros

Acisa integra dende hoxe á Praza de Abastos de Ribadeo, tras a sinatura do...

O comité de empresa de Alcoa reclama unha reunión co Goberno ante a situación do sector do aluminio

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, en Cervo, pide unha reunión...

Conferencia ‘A cova de San Xoán Vello: novas achegas desde a arqueoloxía’ en Viveiro

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro mércores 22 de abril, ás 20:00 horas, na...