IniciosociedadeBarreiros locirá o seu interior co bus cultural

Barreiros locirá o seu interior co bus cultural

O autocar, que funcionará todos os sábados ata o 8 de setembro, ofrece viaxes polos atractivos turísticos a un prezo de dous euros

Publicada o

- Advertisement -

O concello de Barreiros é famoso polas súas praias, pero o Concello e maila asociación Mar e Monte promocionarán o interior do municipio co bus cultural, que funcionará cada sábado desde o 14 de xullo ao 8 de setembro.

As viaxes partirán ás 11.00 horas dos arredores do centro de saúde, e terán un percorrido cunha duración aproximada de 120 minutos. O autobús permitirá aos turistas comprobar como se traballa nunha gandería do municipio, admirar igrexas ou hórreos ou coñecer lugares do Camiño Norte cara Santiago de Compostela.

Tamén se farán paradas nas praias, con marea baixa, para ver as formacións rochosas que hai na costa. O servizo, que custará dous euros por persoa, incluirá ademais unha parada gastronómica. Os nenos e nenas subirán de balde.

INSCRICIÓNS

Os interesados en anotarse deben chamar ao número 622.75.80.79. Cabe a posibilidade de inscribirse no momento de estar antes das 11.00 horas no punto de saída, pero a organización advirte de que as reservas teñen preferencia.

TERCEIRO ANO

O alcalde de Barreiros, o popular Alfonso Fuente Parga, sinala que “xa levamos tres anos con esta iniciativa e dá bo resultado. Queremos con ela potenciar os lugares descoñecidos do municipio”, concluíu. Pola súa banda, Belén Antolín, da asociación Mar e Monte, asegura que “o bus cultural permitirá aos clientes coñecer o concello dunha maneira máis fonda”.

ÚLTIMAS

Raquel Blas: “A Queimada de Cervo naceu nunha formigoneira”

-Como naceu esta queimada popular, cales foron os motivos que tiveron as persoas a...

A Feira de Gando do San Bartolo volve a Penas Agudas o luns 24 de agosto

Como cada ano, e mantendo viva unha tradición que se remonta a tempos ancestrais,...

A Garda Civil comisa 28 quilos de polbo sen trazabilidade na Mariña

A Garda Civil, en colaboración con persoal inspector do Servizo de Gardacostas de Galicia,...

O PP de Foz denuncia o abandono da praza Pardo de Cela por parte do goberno de Cajoto

O voceiro do Grupo Municipal do PP de Foz, Javier Castiñeira, denuncia o “lamentable...