IniciosociedadeA Mancomunidade presenta unha revista turística da Mariña

A Mancomunidade presenta unha revista turística da Mariña

A publicación, con fondos de Deputación e Xunta, adica tres páxinas a cada un dos 16 concellos

Publicada o

- Advertisement -

A Deputación de Lugo e a Mancomunidade de Municipios da Mariña presentaron este xoves no consistorio de Burela ‘+ Q a Mariña‘, unha revista turística que servirá para promocionar a bisbarra.

A publicación, que conta cunha achega da Axencia de Turismo da Xunta de Galicia e do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR), terá unha tirada de 10.000 exemplares, que se poderán ler nas oficinas de turismo, axencias de viaxe e hoteis da comarca, así como casas de turismo rural e xeodestinos.

A revista adica tres páxinas a cada un dos 16 municipios da comarca mariñá, e destaca os seus atractivos turísticos, como o patrimonio cultural e natural, as festas ou os artesáns que traballan en cada concello. “É unha publicación moi completa e pensamos que vai axudar moito á promoción turística da nosa zona”, espuxo o presidente da mancomunidade, Alfredo Llano.

“VÁLIDA TODO O ANO”

O alcalde de Burela e dirixente da agrupación de municipios asegurou que a revista “é un soporte boísimo” para “dar valor a cada un dos concellos” e que “é válida para os turistas que veñan durante todo o ano”.

O acto de presentación da revista contou coa presenza de concelleiros e alcaldes dos municipios mariñaos e tamén do presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos.

ÚLTIMAS

Ribadeo acolle o 16 de outubro o primeiro encontro forestal do Noroeste

Ribadeo acollerá o 16 de outubro o I Encontro Forestal do Noroeste no que...

Reunión de confrarías do Cantábrico Noroeste en Foz

A Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo organiza esta semana unha nova...

Dúas alumnas de Foz participan no Campionato Mundial de Pizza Picante en Italia

Marta Chao e Kiara Cabado, alumnas de segundo ano do Ciclo Medio de Cociña...

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...