IniciosociedadeMondoñedo impulsará a creación dunha asociación de conservas de hortalizas

Mondoñedo impulsará a creación dunha asociación de conservas de hortalizas

A marca Mariña Bienes y Servicios iniciará a distribución de produtos derivados do tomate, acollidos á marca de garantía Horta de Mondoñedo

Publicada o

- Advertisement -

O consistorio de Mondoñedo acolleu este luns a presentación da nova liña de produtos da empresa Mariña Bienes y Servicios, acollidos á marca de garantía Horta de Mondoñedo.

A alcaldesa, a popular Elena Candia, acompañou ao representante da empresa, Jorge Losada, que explicou polo miúdo esta nova fase de desenvolvemento do proxecto empresarial que comparte con Mónica Maestre. Tamén participou na presentación a coordinadora da marca de calidade Horta de Mondoñedo, Zoila Gulín.

Mariña, Bienes y Servicios vai iniciar a distribución de derivados do tomate, como son tomate fritido, marmelada de tomate e tomate natural triturado, baixo a marca Hortas de Galicia, acollida á marca de garantía Horta de Mondoñedo. Con esta iniciativa, a empresa dará saída ás pezas que, pola súa morfoloxía, non son comerciais.

A primeira remesa da produción desta nova liña de traballo empezarase a distribuír nos próximos días. A empresa fará unha campaña de promoción dos seus produtos en grandes superficies comerciais.

Candia destacou o apoio prestado polo Concello para a creación da marca de calidade e na difusión dos produtos acollidos a ela. Ademais, asegurou que o goberno local “seguirá a respaldar este tipo de iniciativas” e espera que a transformación do produto “supoña a creación de emprego“.

CANDIA AGARDA QUE A INICIATIVA TRAIA EMPREGO

A rexedora lembrou que en novembro de 2018 presentouse na Consellería o texto para regular o uso da marca Horta de Mondoñedo, que foi informado favorablemente o 4 de febreiro. “En 2018 e 2019 deseñouse o logotipo, contribuímos á impresión das etiquetas, regalamos bolsas de papel co logo para promocionar a marca e difundimos vídeos a través das redes e na televisión autonómica. Seguindo esta liña, hoxe presentamos un produto que conserva o valor engadido do noso tomate, que permite que se deguste fóra de tempada“, explica Candia.

Segundo a rexedora, o seguinte paso “é a creación da asociación de produtores de conservas de hortalizas de Mondoñedo”. Candia avanzou que os estatutos xa están rexistrados. “Unha vez constituída legalmente, impulsaremos proxectos como fixemos con Faba Verdina. Apostar pola nosa horta é unha aposta segura porque é apostar pola importante calidade dos produtos”, concluíu. 

ÚLTIMAS

Alcoa destaca a seguridade da balsa de lodos vermellos tras presuntas fugas denunciadas por veciños

Un veciño da parroquia de Lago gravou a inicios desta semana unha presunta fuga...

Burela participará no II Encontro Internacional de Mulleres Electas en Cabo Verde

A alcaldesa de Burela e presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, acompañada pola concelleira de Economía, Patricia...

O grupo de gaitas Dambara de Burela estará no desfile de San Patricio en Madrid co apoio da Deputación

O grupo de gaitas da Asociación Cultural e Musical Dambara de Burela será o...