IniciosociedadeA plataforma Pro Celeiro nega responsabilidade na "deslealdade institucional" da Xunta co...

A plataforma Pro Celeiro nega responsabilidade na “deslealdade institucional” da Xunta co Concello

O colectivo veciñal remarca que "non decide quen está" nas comparecencias do Goberno galego e aféalle de novo que non citase á alcaldesa para anunciar a licitación da mellora da EDAR

Publicada o

- Advertisement -

A plataforma veciñal Pro Celeiro, constituída para esixir das Administracións a execución do saneamento da ría de Viveiro, respondeu este luns ao comunicado emitido o pasado domingo polo Partido Popular (PP), desmentindo que a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, non convocara á alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, á rolda de prensa na que anunciou a licitación da mellora da estación depuradora de augas residuais (EDAR) por “expreso desexo” do colectivo.

Nós non organizamos a comparecencia da Xunta nin decidimos quen está”, remarca o colectivo, que fai fincapé en que a reunión entre a responsable de Infraestruturas e Mobilidade e a veciñanza “foi en privado e antes da súa rolda de prensa ante os medios de comunicación”.

A ADMINISTRACIÓN LOCAL, “RESPONSABLE DA EDAR”

Deste xeito, a plataforma insiste en cualificar de “deslealdade institucional” o feito de que Vázquez non citase á rexedora viveirense para anunciar a licitación, dado que “o Concello é a entidade responsable de xestionar a EDAR”, lembran.

“Lembrámoslle á conselleira que esta plataforma veciñal non admitiu nunca a presenza de partidos nin de siglas nas reunións que mantivo co seu departamento nin co Concello de Viveiro”, salienta o colectivo.

ÚLTIMAS

O PP ofrece unha suba importante de votos na Mariña segundo os datos do 18F

Galicia é diversa. A nosa terra é un territorio onde nada ten que ver a...

Cervo recupera a panorámica da Atalaia derrubando parte do esqueleto dun edificio

O Concello de Cervo inicia este ano 2024 acadando un obxectivo ambicioso perseguido desde...

A concelleira de Cultura de Foz cre que o PP quere acabar co Entroido

A concelleira de Cultura en Foz, Inés López Couto, manifesta que “os intereses partidistas...

O TS estuda este mércores o recurso da defensa da viaxe de ‘El Pequeño Nicolás” a Ribadeo

O Tribunal Supremo (TS) estudará este mércores o recurso que presentou a defensa de...