IniciosociedadeO Mercado das Carmiñas levará Mondoñedo ao pasado

O Mercado das Carmiñas levará Mondoñedo ao pasado

A ACIAM impulsa o 25 de xullo o evento, que inclúe a Festa da Ensalada ou unha concentración de vehículos clásicos

Publicada o

- Advertisement -

A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Mondoñedo (ACIAM) organiza, en colaboración co Concello, unha nova edición do Mercado das Carmiñas, que se celebrará o mércores 25 de xullo, Día de Galicia, na Praza da Catedral.

Dentro da celebración, que pretende recrear os mercados tradicionais que se celebraban antano na cidade, inclúese a Festa da Ensalada, unha mostra da aposta polos produtos da horta. 

O mercado comezará ás 10.00 horas na Praza da Catedral. Á mesma hora haberá unha concentración de coches e motos clásicas, que conta co impulso da Asociación de Clásicos Mindoniense ‘Mira e Anda’.

O cuarteto Souto Xímaro animará as rúas a partir das doce do mediodía. Media hora despois comezará a Festa da Ensalada, que terá lugar na rúa da Fonte ou Fontevella. Poderanse degustar pratos feitos con produtos da horta mindoniense, en cuncos que achegará Alfar de Mondoñedo.

TARDE

O concurso de ensaladas prolongarase ata as 15.00 horas. O evento continuará pola tarde. Kikinga organizará xogos para os nenos e nenas na Praza da Catedral desde as 18.00. Ás 20.00 horas haberá de novo animación musical, previa á entrega de premios do certame, que pechará o evento.

ÚLTIMAS

Licitadas as obras para mellorar a intersección entre a N-642 e a LU-152 en Foz

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable licitou por 511.617,26 euros o contrato de...

‘Plans con Corazón’ da Mancomunidade chegarán a Ourol, Foz e Barreiros

Aproveitando que a vindeira fin de semana será un pouco máis longa, ao sumarse...

Medalla de Ouro de Viveiro á Xunta de Confrarías da cidade

O Concello de Viveiro celebrará este mércores, 7 de outubro, ás 19:30 horas, unha...

Ribadeo inviste un millón de euros na reparación de vías de comunicación

Ribadeo investirá un millón de euros no arranxo das vías de comunicación, procedente da...