IniciosociedadeAmeazan con denunciar ao Sergas por "incumprir" os contratos de seguridade no...

Ameazan con denunciar ao Sergas por “incumprir” os contratos de seguridade no hospital

A USO di que a utilización de cámaras ou unha maior dotación de material para os obreiros están contemplados no contrato público e medita "accións legais" contra a Xunta

Publicada o

- Advertisement -

A Federación de Traballadores de Seguridade Privada da Unión Sindical Obreira de Galicia (FTSP-USO) anunciou que estuda emprender accións legais contra o Servizo Galego de Saúde (Sergas) pola súa “complicidade” no “incumprimento” do contrato público de seguridade dos tres centros da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) de Lugo, Cervo e Monforte, entre eles o Hospital Público da Mariña.

Segundo o sindicato, a empresa Salzillo Seguridade “non está a executar as condicións técnicas ofertadas” para os centros hospitalarios. A central pide cámaras e programas informáticos para os hospitais, así como luvas anti recorte ou raquetas para os traballadores.

TERCEIRA ADVERTENCIA

O sindicato asegurou que en dúas ocasións dirixiu escritos ao Sergas, o último “advertindo de accións legais” por “incumprimentos graves” do contrato público por parte da empresa de seguridade. Por iso, avisa que de persistir esta situación, a institución sanitaria “podería ser igualmente acredora” e “merecedora” dunha sanción.

Podes ler a información completa no Lugo Xornal.

ÚLTIMAS

O presidente da República de Cabo Verde recibe á alcaldesa de Burela no pazo presidencial

O Presidente da República de Cabo Verde, José María Neves, vén de recibir á...

Héitor Picallo: “As Crónicas Compostelanas deron a imaxe negativa de dona Urraca que chegou até hoxe”

-A súa conferencia en Ribadeo vai tratar sobre a figura das raíñas galegas. Nesta...

Finalizan en Ribadeo as Xornadas Profesionais de Corresponsabilidade

Coa presentación este mediodía do Decálogo Local pola Corresponsablidade remataron en Ribadeo as Xornadas...

Nenos e nenas das Escolas Deportivas de Barreiros saíron ao campo acompañando a xogadores do CD Lugo

As nenas e nenos das Escolas Deportivas Municipais de Barreiros foron protagonistas este sábado...