IniciosociedadeLimpeza reivindicativa en Coído do BNG de Xove, que reclama "máis servizos"...

Limpeza reivindicativa en Coído do BNG de Xove, que reclama “máis servizos” nas praias

Os nacionalistas piden ao Concello que prolongue un mes o servizo de socorrismo en Esteiro

Publicada o

- Advertisement -

O BNG de Xove fixo o pasado venres unha recollida de lixo na praia de Coído, no litoral de Vilachá. Os nacionalistas reclamaron deste xeito simbólico “a limpeza impeza parcial dos areais e litoral para disfrute dos veciños, e non só para cando veñen os turistas”.

A formación frontista emitiu un comunicado no que se refire ao areal de Esteiro, “que medrou como principal foco de turismo de sol no municipio” sen que “medraran tamén os servizos”.

Así, desde o BNG de Xove denuncian que “ao longo de todo o verán, fomos recibindo fotografías dos baños públicos do areal, sobre todo o de mulleres debido aos produtos de hixiene íntima que se ían acumulando”.

Os nacionalistas tamén piden para a praia, que contou con tres socorristas durante os meses de xullo e agosto, servizo de socorrismo no mes de xuño ou setembro. Aseguran que se trata “dunha promesa” do goberno local “que segue sen cumprirse”.

“Somos conscientes e realistas de que hai areais que non precisarían de dito servizo, pero o principal foco de turismo de sol e plaia no noso municipio, Esteiro, si”, indican.

MUÍÑOS DE RIBEIRA

Deste xeito, o BNG xovense insta ao Concello a facer “políticas de turismo a longo prazo”. Neste senso, salientan a situación dos muíños de ribeira que se atopan en Coído, “en total abandono”.

ÚLTIMAS

Rebaixan a 12 anos a pena para un home acusado de violar a unha muller en Burela

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves o xuízo contra un home acusado...

Ribadeo avanza nas obras de abastecemento segundo se traslado á Mesa da Auga

As obras do abastecemento de Ribadeo marchan a bo ritmo. Así se puxo de...

O proxecto de saneamento de Barreiros entre os orzamentos aprobados polo Goberno para ACUAES

O Consello de Ministros autorizou unha nova modificación do convenio de xestión directa da...

Alfoz e Lourenzá preparan os seus respectivos actos para o 25 N

O Concello de Lourenzá, en colaboración coa Asociación de Mulleres Rurais de Lourenzá, organiza...