IniciosociedadeConcello e PSOE de Mondoñedo polemizan polo gasto en publicidade

Concello e PSOE de Mondoñedo polemizan polo gasto en publicidade

Os socialistas din que dúas modificacións de crédito por 135.000 euros comprometen "a estabilidade orzamentaria" e o goberno rexeita que "a promoción do patrimonio" sexa "un despilfarro"

Publicada o

- Advertisement -

Concello de Mondoñedo e PSdeG-PSOE polemizaron este xoves por dúas modificacións de crédito aprobadas polo goberno do Partido Popular (PP), que ascenden a 135.000 euros.

A voceira dos socialistas mindonienses, Esperanza González, asegura que o Concello aumenta os gastos en “publicidade e propaganda”. Deses 135.000 euros, expón a líder do PSdeG-PSOE local, “este equipo de goberno do PP xa gastou preto de 22.500 en anuncios e festas. O que supón máis do 16% deste montante. E que se suman aos 60.000 euros que xa había presupostados nos orzamentos, polo tanto estamos xa en 80.000 euros nestas cuestións”, asegura.

A voceira socialista sinala que “a secretaria sinala que estas modificacións poden producir una perturbación no adecuado funcionamento dos servizos, afectando á estabilidade orzamentaria e á regra de gasto, en aras do principio de prudencia, xa que neste momento do exercicio non pode calcularse si se vai a producir esta perturbación”.

Nesta mesma sesión plenaria tamén se aprobou, coa abstención da oposición, un expediente para cumprir a regra de gasto que supera os 23.000 euros.
González considera que a alcaldesa, a popular Elena Candia, “estivo moi ocupada colocando marquesiñas durante os 15 días da campaña electoral, porque non lle deu tempo a colocalas nos catro anos anteriores de goberno, e agora todos os mindonienses teñen que sufrir as consecuencias do seu despilfarro económico”, dixo González.

A resposta a González chegou por medio da concelleira de facenda e voceira do goberno local, Ángeles Rodríguez, que considera “incrible” que a voceira dos socialistas tache de despilfarro “o pagamento de accións de promoción do noso patrimonio inmaterial”.

O EXECUTIVO DI QUE É “PREVISIÓN DE GASTO”

A edil popular sostén que “o suplemento de crédito aprobado correspóndese co diñeiro aforrado na amortización da débeda correspondente ao préstamo de pago a provedores contratado polo bipartito e co incremento de ingresos de licenzas” e remarca que, “como xa se explicou nas comisións informativas, trátase dunha previsión de gasto que pode ser necesaria ou non”.

Rodríguez subliña que “dende o Goberno local sempre apoiamos e apoiaremos as nosas festas, así coma as distintas actividades de promoción económica e, polo tanto, incluíndo tamén a promoción turística do noso patrimonio”.

A voceira do Goberno local mindoniense insta a González “a estudar os expedientes e a realidade de Mondoñedo”.

Por outra banda, dende o executivo municipal tampouco entenden a referencia á instalación de marquesiñas porque “a partida orzamentaria dirixida a sufragar a execución deses traballos non foi incrementada”.

ÚLTIMAS

O goberno local de Foz critica que o voceiro do PP “minta só para conseguir un titular”

A portavoz do goberno local socialista de Foz e concelleira de Facenda, Inés López...

A Deputación asume o financiamento da residencia de maiores de Ribadeo

Concello de Ribadeo e Deputación de Lugo asinaron este venres o convenio polo...

Cervo asume gran parte do incremento de prezos da residencia municipal

O Concello de Cervo comprométese a asumir gran parte do impacto que implica o...

Burela reforza recursos ante emerxencias cardíacas con novos desfibriladores

O Concello de Burela continúa reforzando os seus medios de resposta ante emerxencias cardíacas...