IniciosociedadeO BNG denuncia que o atraso da reforma do Ceip de Foz...

O BNG denuncia que o atraso da reforma do Ceip de Foz adiará o inicio do curso “ao 16 de setembro”

Os nacionalistas aféanlle a Xunta que "non asumise a responsabilidade", dado que foron "os docentes" quenes informaron ás familias da situación

Publicada o

- Advertisement -

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Foz denuncia que as obras de reforma do colexio Ceip nº 1 “levan retraso e non estarán rematadas para o inicio do curso, que se prevé o 16 de setembro” cando a data oficial estipulada pola Consellería de Educación é o mércores 11.

A formación frontista critica que a Xunta de Galicia acometese a mellora do centro educativo, “despois de 50 anos, de xeito torpe, sen información, sen asumir responsabilidades e obrigando á comunidade educativa a ter que soportar as obras durante o inicio do curso”.

O CLAUSTRO, NA ESCOLA DE MÚSICA

O Bloque sinala que o claustro do centro “atopouse á volta do verán co CEIP en obras e foi preciso o seu acomodo e instalación na escola municipal de música, onde realizan as súas tarefas cunha encomiable profesionalidade e salientable incomodidade”, expón o tenente de alcalde focego.

Fanego lamenta a “ausencia de información e concreción da máis que probable convivencia das obras e o inicio do curso”, asegurando que “foron os docentes” os que “deron a cara e informaron ás familias do cambio dos puntos habituais de información a comunidade educativa e do posible retraso do inicio das clases, que se estima en torno ao 16 de setembro“.

DÚBIDAS SOBRE O ALUMNADO DE INFANTIL

O líder do BNG focego salienta que ás dúbidas súmanse as relativas “aos períodos de adaptación do alumnado de infantil que inicia a súa andaina con tres anos”.

Os nacionalistas focegos felicitan aos docentes do ensino público pola súa “profesionalidade” e esixen da Xunta “a inmediata aclaración a comunidade educativa do CEIP nº 1 de Foz da sua situación para o inicio deste curso 2019-2020“.

ÚLTIMAS

O goberno local de Foz critica que o voceiro do PP “minta só para conseguir un titular”

A portavoz do goberno local socialista de Foz e concelleira de Facenda, Inés López...

A Deputación asume o financiamento da residencia de maiores de Ribadeo

Concello de Ribadeo e Deputación de Lugo asinaron este venres o convenio polo...

Cervo asume gran parte do incremento de prezos da residencia municipal

O Concello de Cervo comprométese a asumir gran parte do impacto que implica o...

Burela reforza recursos ante emerxencias cardíacas con novos desfibriladores

O Concello de Burela continúa reforzando os seus medios de resposta ante emerxencias cardíacas...